C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

15 abr 2014

VOLVE ABRIR A EXPOSICIÓN. E CAMISETAS E FESTA!!!

SE NON A VICHES NA SEMANA SANTA TES OUTRA OPORTUNIDADE

Para todos aqueles que non puideron ver a Exposición de fotos, fichas, trofeos, bandeiríns, recortes de prensa e demais material que recollemos destes 50 anos de vida do C. D. BAIO, teñen agora unha nova oportunidade na Semana Santa. E tamén para aqueles que a queiran volver ver, claro.

A exposición estará aberta só VENRES, SÁBADO e DOMINGO, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas os dous primeiros días e só no horario matutino o último.

Ademais da visita tamén podes adquirir algún dos produtos conmemorativos que se fixeron con ocasión deste aniversario: bufandas, camisetas, polos, mochilas, paraugas ou viño. E tamén o chándal CD Baio-50 Aniversario. Despois xa podes ir ver mundo ben equipado:



AGORA TAMÉN PODES TER A CAMISETA OFICIAL DO C.D. BAIO

· Xogaches no Baio pero non conservas unha camiseta deste histórico club?
· Viches centos de partidos do Baio e non o puideches animar vestindo a súa camiseta?

Non te preocupes, agora chega a solución:
Podes mercar a camiseta oficial desta temporada do C.D. Baio (marca Adidas, especial 50 Aniversario) e personalizala co teu número e co teu nome no lombo. 

Para ti para sempre, para levala aos partidos, para colgala no medio do salón ou para regalala... 

Máis información sobre como mercar a camiseta picando en comprar camiseta

E NON ESQUEZAS QUE O 8 DE XUÑO ESTAMOS DE FESTA!!!

O 8 de xuño haberá unha gran festa xantar na Carballeira de Baio, organizada pola Comisión do 50 Aniversario, e á que está invitado todo aquel que queira pasalo ben. Poderá comer, beber, bailar, xogar nos inchables ou conversar cos vellos compañeiros de todas as épocas. 

Toda unha xornada festiva polo módico prezo de 25 Euros: recolle previamente o teu ticket nun dos seguintes establecementos: BAR TRÉBOL - BAR O CRUCE - CERVECERÍA RÍO GRANDE - ELECTRODOMÉSTICOS JAVI DÍAZ, e prepárate para unha celebración histórica.

Se pinchas no cartel pódelo ver máis grande, pero segue sendo igual de barato:


No hay comentarios:

Publicar un comentario