OS ALEVÍNS QUEDARON NUN MERITORIO 4º POSTO
Rematou a liga de fútbol sala que organiza o C.D. Costa Bergantiñá, nas súas categorías de alevín, benxamín e pre-benxamín, con bos resultados para os equipos do C.D. Baio, que se proclamou campión en benxamíns e en pre-benxamíns e foi cuarto (a un punto do segundo) en alevíns. Aquí quedan as clasificacións (coma sempre, pica para agrandar).
O equipo Alevín mantívose con esperanzas ata o último partido de xogar o Play-Off, pero a derrota na última xornada en Malpica fixo que fose superado polo Razo e polo propio equipo malpicán. Con todo, moi boa participación do equipo, con seis vitorias e catro derrotas, cun total de 47 goles a favor, só tres menos que o intratable Ponteceso, campión deste grupo.
Sete integrantes do equipo alevín |
Os benxamíns, e aínda faltaba algún |
O equipo Pre-benxamín, a pesar de competiren case todos por vez primeira, fixo unha gran competición e xa se proclamou campión con unha xornada por xogar. Venceu en oito dos dez partidos e perdeu nos outros dous (co Sofán e no último en Malpica), sendo tamén os máximos goleadores.
Os pre-benxamíns [Fotos: M.A.B.R.] |
O VINDEIRO SÁBADO OS PLAY-OFF EN CABANA
O sábado 7 de marzo, no pavillón de Cabana de Bergantiños, vaise disputar a xornada de semifinais do Play-Off da liga de fútbol sala, para o que se clasificaban os dous primeiros de cada grupo. As semifinais enfrontarán aos segundos cos primeiros de cada un dos dous grupos.
Na categoría Benxamín o rival do C.D. Baio vai ser o anfitrión, o Concello de Cabana, que foi segundo no Grupo I desta categoría. Os cabaneses gañaron seis partidos e perderon dous (co campión Ponteceso). O partido será ás 12:00 horas.
Na categoría Pre-benxamín o rival do C.D. Baio é o Concello de Ponteceso, que foi segundo no seu grupo por detrás do Concello de Malpica. O partido será ás 12:50 horas.
Este é o calendario deste sábado:
Benxamín:
PONTECESO 1 - MALPICA 2 11:10 horas
C.D. BAIO 2 - CABANA 1 12:00 horas
Pre-benxamín:
MALPICA 1 - MALPICA 2 (En Malpica)
BAIO 2 - PONTECESO 1 12:50 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario