C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

3 mar 2015

C.D. BAIO BENXAMÍN E PRE-BENXAMÍN, CAMPIÓNS DOS SEUS GRUPOS NA LIGA DE FÚTBOL SALA 'COSTA BERGANTIÑÁ'


OS ALEVÍNS QUEDARON NUN MERITORIO 4º POSTO

Rematou a liga de fútbol sala que organiza o C.D. Costa Bergantiñá, nas súas categorías de alevín, benxamín e pre-benxamín, con bos resultados para os equipos do C.D. Baio, que se proclamou campión en benxamíns e en pre-benxamíns e foi cuarto (a un punto do segundo) en alevíns. Aquí quedan as clasificacións (coma sempre, pica para agrandar).

O equipo Alevín mantívose con esperanzas ata o último partido de xogar o Play-Off, pero a derrota na última xornada en Malpica fixo que fose superado polo Razo e polo propio equipo malpicán. Con todo, moi boa participación do equipo, con seis vitorias e catro derrotas, cun total de 47 goles a favor, só tres menos que o intratable Ponteceso, campión deste grupo.
Sete integrantes do equipo alevín
O equipo Benxamín mostrouse moi forte en toda a liga, e na última xornada certificou o seu campionato ao gañar en Malpica. Dos oito partidos que disputaron gañaron sete e só perderon un, en Ponteceso, sendo os máximos goleadores e os menos goleados do grupo. 
Os benxamíns, e aínda faltaba algún

O equipo Pre-benxamín, a pesar de competiren case todos por vez primeira, fixo unha gran competición e xa se proclamou campión con unha xornada por xogar. Venceu en oito dos dez partidos e perdeu nos outros dous (co Sofán e no último en Malpica), sendo tamén os máximos goleadores.
Os pre-benxamíns [Fotos: M.A.B.R.]

O VINDEIRO SÁBADO OS PLAY-OFF EN CABANA

O sábado 7 de marzo, no pavillón de Cabana de Bergantiños, vaise disputar a xornada de semifinais do Play-Off da liga de fútbol sala, para o que se clasificaban os dous primeiros de cada grupo. As semifinais enfrontarán aos segundos cos primeiros de cada un dos dous grupos. 
Na categoría Benxamín o rival do C.D. Baio vai ser o anfitrión, o Concello de Cabana, que foi segundo no Grupo I desta categoría. Os cabaneses gañaron seis partidos e perderon dous (co campión Ponteceso). O partido será ás 12:00 horas.
Na categoría Pre-benxamín o rival do C.D. Baio é o Concello de Ponteceso, que foi segundo no seu grupo por detrás do Concello de Malpica. O partido será ás 12:50 horas. 

Este é o calendario deste sábado:

Benxamín:
PONTECESO 1 - MALPICA 2   11:10 horas
C.D. BAIO 2 - CABANA 1         12:00 horas

Pre-benxamín:
MALPICA 1 - MALPICA 2     (En Malpica)
BAIO 2 - PONTECESO 1        12:50 horas.

FALECE LOLO DE AÑÓN, UN DOS INTEGRANTES DO EQUIPO DA PRIMEIRA TEMPORADA

Manuel García Añón 'Lolo de Añón', ou 'Lolo do Hórreo' como era coñecido nos últimos tempos, faleceu no día de onte aos 74 anos de idade. 
Lolo empezara a xogar ao fútbol a mediados dos anos cincuenta, cando aínda o Baio non estaba federado, e formou parte da que se deu en chamar a Primeira Idade de Ouro do club baiés, que por volta dos anos 1957-58 tiña un equipazo. Lolo era un dos xogadores que a mediados do ano 1958 inauguran o Campo do Balsiño, nun partido contra o Oza Juvenil coruñés. Moitos dos trofeos que gañou o conxunto baiés por aqueles anos foron con el no equipo.
Lolo, á esquerda, celebrando o dobrete
Cando a comezos do ano 1964 se cree a Liga da Costa e polo tanto se federe o C.D. Baio, Lolo de Añón era un dos integrantes daquel mítico equipo. Xogaría Lolo as tres primeiras temporadas da Liga da Costa, ata a 1965-66, pero seguiría colaborando co club e co tempo tamén foi directivo. Na temporada 1973-74 era Vicepresidente, cargo que obstentaba tamén na temporada 1982-83, cando o C.D. Baio conseguira gañar a Liga e a Copa da Costa. Moitos anos máis como directivo e actualmente era un dos socios máis antigos (o nº 9).