C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

2 jun 2017

PREVIA DO CD BAIO-CD BAÍÑAS


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1816
709
419
688
2995
3001
TOTAL COPAS
226
093
056
077
439
368
COPA DA COSTA
202
084
049
069
406
331

Partido de volta da eliminatoria de cuartos de final da LIV Copa da Costa, que enfronta o próximo domingo a CD Baio e CD Baíñas no Platas Reinoso. Esta é a participación número 47 do Baio no torneo (non puido disputar varias edicións cando estaba na Preferente) e a 5ª do Baíñas; os baieses superaron os 200 partidos no torneo e o Baíñas é a primeira vez que alcanza os cuartos de final. O Baio chegou a esta rolda logo de eliminar ao Corme e ao Porteño, este tras a aliñación indebida do partido de ida; mentres tanto, o Baíñas deixou na cuneta ao Ameixenda na primeira eliminatoria e nos oitavos ao Cabana, a quen goleou nos dous encontros. No partido de ida, vitoria pola mínima (1-0) dos vimianceses.

C.D. BAÍÑAS
TOTAL LIGAS + COPA
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
171
82
31
58
378
267
COPA DA COSTA
15
08
01
06
42
33

Esta é a 2ª vez que Baio e Baíñas disputen unha eliminatoria da Copa da Costa. A anterior foi a temporada pasada, e curiosamente o Baíñas tamén se desfixera na eliminatoria previa do Ameixenda. O ano pasado o enfrontamento tivo lugar nos oitavos de final, e o partido de ida disputouse tamén no Municipal vimiancés. O encontro rematou con vitoria baiesa por 1-3, que se viu refrendada co empate do Platas Reinoso na volta. Polo tanto, mínima estatística entre estes dous conxuntos na Copa da Costa. A estes hai que engadirlles o partido de ida do pasado domingo.

Enfrontamentos Totais Copa da Costa
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
03
01
01
01
04
03
Xogados en Baio
01
00
01
00
01
01


COPA DA COSTA (CUARTOS DE FINAL-VOLTA)
C.D. BAIO – C.D. BAÍÑAS
Domingo 4 de xuño; 19:00 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Diego Cedeira Méndez.
Asistentes: Pedro Rodríguez Penas / Alejandro Seoane Barros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario