Por fin a Federación sacou á luz os calendarios das ligas da Costa en categoría cadete e infantil para a temporada 2011-12.
A competición de CADETES (2ª Autonómica - Grupo 3º) comezará o día 25 de setembro e rematará o 5 de maio. Está composta finalmente por 16 equipos, o que supón un equipo máis con respecto á temporada anterior. Conta coas baixas do Bergantiños B (vai para a Liga das Mariñas), Concello de Carnota e Corme; e coas altas do Camariñas, Porteño, Santa Comba (descendido da Liga Galega) e Sp. Zas. Podes descargar aquí o calendario completo:
O CLUB DEPORTIVO BAIO iniciará a liga en Camariñas contra o Camariñas C.F., sendo o primeiro partido na casa contra o Outes C.F. na segunda xornada. Rematará a liga en Castriz xogando contra o Santa Comba C.F.. O derby contra o Sp. Zas chegará na penúltima xornada, na primeira volta en Zas (7 de xaneiro) e na segunda en Baio (28 de abril).
* * *
A competición de INFANTÍS (2ª Autonómica - Grupo 3º) empezará xa o día 18 de setembro e rematará o 13 de maio. Está formada por 18 equipos, o que supón catro máis que na temporada pasada. Con respecto a esta, só causou baixa o Bergantiños B (compite na Liga das Mariñas); mentres que causan alta As Baleas, Corme, Fisterra, Ponteceso e Porteño. Podes descargar aquí o calendario completo:
O CLUB DEPORTIVO BAIO inciciará a liga na casa fronte á S. D. Coristanco, sendo a primeira saída na segunda xornada a Esteiro para enfrontarse á S.D. Esteirana. A liga rematará no Platas Reinoso fronte á S.D. Fisterra. O derby co Sp. Zas chegará moi cedo, na cuarta xornada, na primeira volta en Zas (9 de outubro) e na segunda en Baio (5 de febreiro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario