XUVENIL: SONEIRA S. D. 0 - C. D. BAIO 2
Na tarde do sábado os xuvenís do CD BAIO conseguiron unha cómoda vitoria no seu desprazamento a Vimianzo, ante un Soneira que apenas inquietou a porta de Guillermo. Desde un primeiro momento controlou o partido o Baio, a pesar de contar coas importantes baixas de Yago, Bieito e Valentín. Puido anotar algún gol nas ocasións de Martín, Lucas e Rubio, pero o porteiro soneirán Víctor, o mellor dos locais, mostrouse moi acertado. Tivo que ser Cachopo nunha galopada pola súa banda esquerda o que conseguise abrir o marcador chegando a media hora de xogo. Non mostrou reacción o Soneira, que seguiu a mercede dos visitantes. Puido cambiar o encontro no minutos 43 cando se produce a expulsión do baiés Maikel, nun rifirrafe con Cristian. Reorganizou o equipo Nacho no descanso e saíu na segunda parte con defensa de tres, co que seguiu dominando o centro do campo. Un dominio e un control de balón que se viu incrementado coa entrada do cadete Christian, que desde a punta combinou á perfección cos centrocampistas. Dous pases seus deixaron só a Rubío fronte ao porteiro, no primeiro non errou o "pìchichi" baiés para poñer o 0-2 definitivo; no segundo o balón foise ao traveseiro.
Excelente resultado do Baio que o mantén no coliderato antes de xogar cos dous equipos que acabaron primeiros nos seus respectivos grupos na primeira fase da Liga da Costa.
Ata os futbolistas do Soneira quedaban abraiados co xogo de Christian ("O Messi de Bamiro") [Foto: Santi Díaz] |
Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Maikel, David (Penelo 84'), Pablo, Cachopo, Fachal, Rafa, Rubio, Lucas (Vereda 81'), Alberto (Christian 61'), Martín (Pardo 46').
CADETE: C. D. BAIO 3 - S. C. D. MALPICA 3
Aos cadetes sentoulles mal o descanso. (Foto:piratasdemuxia) |
Na mañá do sábado xogaron os cadetes no Platas Reinoso ante un Malpica que viña de conseguir uns bos resultados nas últimas xornadas. A pesar das baixas, sobre todo a do seu goleador Christian que foi cos xuvenís, xogou un aceptable primeiro tempo, no que cando despregaron o seu fútbol habitual de toque desarbolaban aos malpicáns, pero foron moi intermitentes no seu xogo. Con todo, lograron materializar tres ocasións, por medio de Hío, Santi e Adrián, antes de chegar ao descanso. Sentoulles mal o intermedio aos baieses pois xogaron unha das peores partes do que vai de liga. Na primeira ocasión dos malpicáns conseguen recortar distancias, e no saque de centro dos baieses unha indecisión entre os defensas fai que o balón lle quede franco ao dianteiro malpicán para poñer o 3-2. Estes dous goles nun minuto aumentaron o nerviosismo dos baieses, que se vían co partido gañado, e agora tiñan diante un rival crecido. Pero non acabarían aí os regalos dos locais, pois nun córner botado polo Malpica, o máis pequeno dos atacantes rematou só no segundo pau poñendo o empate que sería definitivo. Ben é certo que a partir de aí o Baio creou varias ocasións claras de gol, como tres man a man de Santi co porteiro que se lle foron fóra ou un claro penalti que o árbitro non sinalou por despexe coa man dun defensor cando se coaba o balón.
Con este empate sitúase o Baio na sétima posición, nese grupo de equipos que loitan por acaban na quinta praza. E para a semana derby en Zas.
Polo CD BAIO xogaron: Álex, Diego, Miguel (Fran 60'), Pablo, Adrián, Kevin, Anxo, Hío (Pazos 50'), Pedro (Alfonso 58'), Estefan (José Antonio 75'), Santi.
Observa detidamente esta foto de piratasdemuxia e responde: Que mirará Alberto? (Admítense comentarios) |
INFANTIL: C. D. BAIO 0 - U. C. CEE 5
A crónica de Javi Muíño: "Salín eu e salvei 2 goles". |
Polo CD BAIO xogaron: Julián, Fran Caneda (Sabela 68'), Queiro (Álex 68'), Alejandra, Andrea, Santi (Javi Muíño 58'), Sergio, José Antonio, Eloy (Anxo 49'), Noelia, Ayoub (Éver 45').
No hay comentarios:
Publicar un comentario