En primeiro lugar, pedir desculpas por estar unha semana fóra de servizo. Xa estamos aquí de novo, agradecendo aos que nos botastes en falta.
E pasamos a falar do sorteo da Copa da Costa que se celebrou logo de tensos e surrealistas debates e votacións (algún solicitaba unha cousa e votaba a contraria. Así lle vai ao fútbol da Costa!!!!). E como cada ano no sorteo ao Baio tocoulle xogar a previa. Comezará esta o 21 da abril porque a maioría de clubs declinou xogar na Semana Santa, disque porque os xogadores van de vacacións. AVISO IMPORTANTE PARA A HOSTELERÍA: Avalancha de xogadores da Costa de vacacións. HAI QUE RESERVAR CON URXENCIA!!!!
Deparou o sorteo cinco eliminatorias na fase previa, que se xogarán o 21 e 28 de abril: (1) Corcubión-Lira, (2) Mazaricos-San Lourenzo, (3) Esteirana-BAIO, (4) Outes-Camariñas e (5)Fisterra-Monte Louro.
A primeira eliminatoria xogarase o 1 e 5 de maio. OLLO: os equipos que pasen da previa xogarán tres partidos en catro días: copa sábado, liga domingo e copa martes. As eliminatorias son as seguintes: Vencedor (1)-Vencedor (2), Vencedor (3)-Vencedor (4), Nantón-Corme, Laxe-Independente, Cabana-O Pindo, Zas-Muxía, Club do Mar-Dumbría, Porteño-Sofán, Cee-Camelle; Alcaián-Corcoesto, Buño-Xallas, Carnota-Voalntes, Soneira-Cerqueda, Coristanco-Muros, Santa Comba-Malpica, Ponteceso-Vencedor (5).
Os oitavos de final disputaranse o 12 e 17 de maio, os cuartos o 20 e 27 de maio, as semifinais o 3 e 10 de xuño, e a final 17 e 24 de xuño. O campión da Copa disputará ao fin de semana seguinte a Copa de Copas que patrocina a Deputación da Coruña, entre os campións das seis copas que se celebran na provincia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario