C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

6 abr 2012

BENXAMÍNS E ALEVÍNS NO FÚTBOL SALA

Rematou a participación do C. D. BAIO na liga de fútbol sala "Costa Bergantiñá" nas súas categorías Alevín e Benxamín. Nesta competición participan as escolas deportivas de cinco concellos e o noso club, produto do esforzo para que os máis pequenos poidan disfrutar da práctica deportiva nos meses invernais antes de comezar co fútbol de campo.


BENXAMÍNS C. D. BAIO 2011-12  (Foto: Santi Soneira)

ALEVÍNS: Non fixeron boa liga os rapaces adestrados por Emilio, pois quedaron na 6ª e última posición, con só unha vitoria e dous empates. Foron os que menos goles meteron (28) e os máis goleados (65), a pesar de contar cun amplo plantel de quince xogadores. Xogaron esta liga: Porteiros: Cedrón e David; xogadores de campo: Antía, Ariel, Atenea, Borja, Carlos, Dani, Eloy, Manuel Mª, Martín, Miguel, Pablo, Santi e Víctor. O máximo goleador foi Carlos (13 goles), seguido por Miguel e Víctor (4 goles). Esta liga foi gañada polo Malpica, sen rival que lle fixese sombra, pois gañou os dez partidos con comodidade.

BENXAMÍNS: Fenomenal competición fixeron os nenos adestrados por Pastoriza, que a piques estiveron de facerse co título e tiveron que conformarse co subcampionato (o empate do Malpica en Baio nos últimos segundos da penúltima xornada foi clave). A pesar da marcar poucos goles (21), a fortaleza do equipo estivo na súa defensa, pois só encaixaron 10 goles. O plantel, que foi aumentando co paso dos partidos, estivo composto polos seguintes xogadores: Manuel (porteiro); Javier, José, Marcos, Marina, Martín, Miguel, Pose e Samuel; e os prebenxamíns Bruno, Guille, Pablo e Sergio. Foron os máximos goleadores José e Samuel (6 goles), seguidos por Marcos (4 goles) e Marina (3 goles). Como dixemos, o gañador desta liga foi o Malpica, cun punto de vantaxe sobre o Baio.   


No hay comentarios:

Publicar un comentario