Na tarde deste xoves disputouse a penúltima xornada do Grupo 6º da Primeira Autonómica Xuvenil e clarificáronse algúns aspectos da clasificación. Como sabedes ao CD BAIO correspondeulle no sorte da fase da ascenso á Liga Galega o 4º clasificado deste grupo. Despois da xornada de hoxe, quedaron definidos os cinco conxuntos que xogarán a promoción neste grupo: EF Lalín, Sp. Estrada, CD Unión, CD San Marcos e SD Villestro; quedando descartados o Silleda e o Puebla. O que non está decido é o posto que ocuparán estes equipos.
Na xornada de hoxe déronse estes resultados: Villestro 10 - EF Arzúa 4; Grixoa 0 - Sp. Estrada 1; Puebla 2 - San Marcos 4; Abanqueiro 3- Unión 4; Trazo 1 - Silleda; Porto do Son 1 - EF Lalín 3. Con estes resultados a clasificación queda como segue:
1º - EF LALÍN.................. 75 ptos. 33 - 23-06-04 - 97-43
2º - SP ESTRADA............ 74 ptos. 33 - 23-05-05 - 101-34
3º - CD UNIÓN................. 62 ptos. 33 - 19-05-09 - 82-56
4º - CD SAN MARCOS.... 62 ptos. 33 - 20-02-11 - 92-66
5º - SD VILLESTRO........ 60 ptos. 33 - 19-03-11 - 109-73
Na última xornada terán lugar os seguintes enfrontamentos: EF Lalín-Grixoa; Sp. Estrada-Cacheiras; Unión-Noia; San Marcos-At. Oleiros; Silleda-Villestro. Polo tanto, se os resultados son os normais deberan gañar os cinco equipos implicados e manterse as posicións arriba indicadas. De ser así o rival do CD BAIO sería o CD San Marcos santiagués; mentres que o da SCD Malpica serían as EF Lalín (non confundir co CD Lalín).
No hay comentarios:
Publicar un comentario