C. D. BAIO 2016-2017
31 ago 2012
DOUS DERBYS PARA EMPEZAR A TEMPORADA
LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
SP. ZAS - C. D. BAIO
Domingo 2 de setembro; 18:00 horas.
Saída de Baio ás 16:30 horas.
Campo: San Andrés (Zas).
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
SP. ZAS - C. D. BAIO
Sábado 1 de setembro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: San Andrés (Zas).
C. D. BAIO 2012-2013
Nova etapa no C. D. BAIO logo da marcha de Tono, adestrador das últimas tres temporadas, e dalgúns dos xogadores máis destacados do ano pasado, que non pasaron desapercibidos e foron reclutados por clubes de superior categoría. Faise cargo deste plantel cheo de xuventude un adestrador tamén novo, pero con experiencia como xogador en categoría nacional (xogou varios anos en 2ª División B e na 3ª División) e como adestrador nas categorías base e compartindo experiencia con grandes adestradores galegos. Trátase de FÉLIX GARCÍA, que o ano pasado era o técnico do Bergantiños Infantil, que competía na Liga Galega.
Félix, novo adestrador |
O plantel sufriu varios cambios substanciais, con cinco baixas e dez altas, a maioría delas procedente do equipo xuvenil, que tan bo papel fixo na temporada anterior, e que todos eles xa tiveron ocasión de xogar co primeiro equipo. Xunto a eles incorpóranse outros homes que axudarán a esquecer a aqueles que marcharon e esperemos que a melloralos.
Compoñen o plantel do C. D. BAIO un total de 19 xogadores, aos que se poden sumar algúns xuvenís, como é habitual neste club que aposta pola canteira:
1- MANUEL Espasandín Romar. Porteiro.
2- Manuel Santos Ramos, 'PARDO'. Defensa.
3- PABLO Romero Suárez. Defensa.
4- Alfredo Soneira Muíño, 'FREDI'. Defensa.
5- JOSÉ ANTONIO Cruz Rama. Defensa.
6- RAMÓN Gómez Costa. Defensa.
7- Martín Fuentes Santos, 'MARTÍN MC'. Dianteiro.
8- MARTÍN Pérez Gómez. Medio.
9- VALENTÍN Fuentes Martínez. Dianteiro.
10- ALBERTO Costa Rodríguez. Medio.
12- ELOY Vilas Mato. Medio.
14- Iván García Espasandín, 'RUBIO'. Medio.
15- MARIO Romero Rodríguez. Medio.
16- ELOY Lema Ordóñez. Defensa.
17- ANXO Lema Grille. Porteiro.
18- JORGE Vidal Martínez. Dianteiro.
19- José Mª Núñez Alvarellos, 'CHEMA'. Defensa.
20- NORBERTO González Pose. Medio.
21- YAGO Couto Tasende. Defensa.
O porteiro Anxo |
Chema volve á Liga da Costa |
Jorge "Di María" |
Son altas os seguintes xogadores: Pablo, Pardo, Rubio, Valentín e Yago (dos xuvenís), Eloy Lema (recuperado), Anxo (Dumbría), Jorge (Castriz), Chema (sen equipo) e Norberto (Bergantiños Xuvenil).
Causaron baixa: Andrés e Fermín (retirados), Canay (Laracha), Iván (Soneira), Javi Suárez (Xallas de Santa Comba), Matías (Camelle).
30 ago 2012
EQUIPO XUVENIL 2012-2013
Despois da gran temporada realizda polo equipo xuvenil o ano pasado, comeza esta semana un novo proxecto do equipo xuvenil. A principal novidade está no banco, pois Nacho deixou o equipo logo de catro temporadas dirixindo os xuvenís, facéndose cargo EMILIO CORZÓN, que, tras dous espléndidos anos á fronte dos cadetes, deu o salto para comandar a nave xuvenil.
Compoñen o plantel do equipo xuvenil un total de 17 xogadores, aos que se pode incorporar algún cadete:
1- GUILLERMO Domínguez Suárez. Porteiro.
2- HÍO Rodríguez Toja. Medio-Dianteiro.
3- MARCOS Amigo Rial. Defensa.
4- PABLO Rodríguez Calo. Defensa.
5- DAVID Fariña Lema. Defensa-Medio.
6- Rodrigo FACHAL Rial. Medio.
8- KEVIN Fandiño Ramos. Defensa-Medio.
9- José Manuel Vázquez Martínez, 'CACHOPO'. Medio.
10- CHRISTIAN Ordóñez García. Dianteiro.
11- CARLOS Pose Rodríguez. Dianteiro.
13- SERGIO Lema García. Porteiro.
14- XOEL García Rodríguez. Defensa.
15- IVÁN Botana Suárez. Defensa.
19- LUCAS Espasandín Soneira. Medio.
21- ANXO Rodríguez Canosa. Medio.
22- ALBERTO Silvariño Mallón. Defensa-Medio.
25- Álvaro Villar Rossi, 'POLLO'. Porteiro.
As novidades no plantel son: Hío, Pablo, Kevin, Christian, Xoel e Anxo (dos cadetes), Marcos (Porteño), Carlos (Cabana) e Iván (recuperado).
Causaron baixa: Bieito, Eloy, Maikel, Martín, Pablo, Pardo, Penelo, Rafa, Rubio, Valentín, Vereda, Yago.
EMPEZA UNHA NOVA TEMPORADA
Xa estamos aqui para iniciar unha nova temporada e empezámola deixándovos aquí os calendarios das distintas categorías nas que participa o C. D. BAIO.
O equipo de AFECCIONADOS inicia a liga o próximo 2 de setembro co derby en Zas, xogando o seu primeiro partido na casa á semana seguinte contra o Mazaricos. A liga rematará o 12 de maio co partido Baio-Corme. Podes ver aquí o calendario da 2ª Autonómica Grupo 3º.
O equipo XUVENIL inicia a liga o próximo 1 de setembro tamén con derby en Zas, seguindo a seguir a semana seguinte o partido na casa co Muxía, que a bo seguro se vai atrasar polas festas da Barca. Este ano volve haber dúas fases na liga, clasificándose os tres primeiros do grupo para a segunda fase; os demais xogarán a previa da Copa. Despois os que superen a previa e os seis clasificados para a segunda fase da liga xogarán as eliminatorias da Copa. Podes ver aquí o calendario da primeira fase da Liga da Costa Xuvenil Grupo 4º
O equipo CADETE non iniciará a liga ata o 27 de outubro, co partido no Platas Reinoso contra o Cabana. A liga acabará o 12 de maio co partido en Castriz fronte ao Xallas de Santa Comba. Podes ver aquí o calendario da Liga da Costa Cadete Grupo 3º
O equipo INFANTIL inicia a liga o 23 de setembro contra o Sofán e acabará o 11 de maio en Cee. Podes ver aquí o calendario da Liga da Costa Infantil Grupo 3º
Suscribirse a:
Entradas (Atom)