C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

30 ago 2012

EMPEZA UNHA NOVA TEMPORADA

Xa estamos aqui para iniciar unha nova temporada e empezámola deixándovos aquí os calendarios das distintas categorías nas que participa o C. D. BAIO.
 
O equipo de AFECCIONADOS inicia a liga o próximo 2 de setembro co derby en Zas, xogando o seu primeiro partido na casa á semana seguinte contra o Mazaricos. A liga rematará o 12 de maio co partido Baio-Corme. Podes ver aquí o calendario da 2ª Autonómica Grupo 3º.
 
O equipo XUVENIL inicia a liga o próximo 1 de setembro tamén con derby en Zas, seguindo a seguir a semana seguinte o partido na casa co Muxía, que a bo seguro se vai atrasar polas festas da Barca. Este ano volve haber dúas fases na liga, clasificándose os tres primeiros do grupo para a segunda fase; os demais xogarán a previa da Copa. Despois os que superen a previa e os seis clasificados para a segunda fase da liga xogarán as eliminatorias da Copa. Podes ver aquí o calendario da primeira fase da Liga da Costa Xuvenil Grupo 4º
 
O equipo CADETE non iniciará a liga ata o 27 de outubro, co partido no Platas Reinoso contra o Cabana. A liga acabará o 12 de maio co partido en Castriz fronte ao Xallas de Santa Comba. Podes ver aquí o calendario da Liga da Costa Cadete Grupo 3º
 
O equipo INFANTIL inicia a liga o 23 de setembro contra o Sofán e acabará o 11 de maio en Cee. Podes ver aquí o calendario da Liga da Costa Infantil Grupo 3º




No hay comentarios:

Publicar un comentario