C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

31 ago 2012

C. D. BAIO 2012-2013

Nova etapa no C. D. BAIO logo da marcha de Tono, adestrador das últimas tres temporadas, e dalgúns dos xogadores máis destacados do ano pasado, que non pasaron desapercibidos e foron reclutados por clubes de superior categoría. Faise cargo deste plantel cheo de xuventude un adestrador tamén novo, pero con experiencia como xogador en categoría nacional (xogou varios anos en 2ª División B e na 3ª División) e como adestrador nas categorías base e compartindo experiencia con grandes adestradores galegos. Trátase de FÉLIX GARCÍA, que o ano pasado era o técnico do Bergantiños Infantil, que competía na Liga Galega.
Félix, novo adestrador
O plantel sufriu varios cambios substanciais, con cinco baixas e dez altas, a maioría delas procedente do equipo xuvenil, que tan bo papel fixo na temporada anterior, e que todos eles xa tiveron ocasión de xogar co primeiro equipo. Xunto a eles incorpóranse outros homes que axudarán a esquecer a aqueles que marcharon e esperemos que a melloralos.
 
Compoñen o plantel do C. D. BAIO un total de 19 xogadores, aos que se poden sumar algúns xuvenís, como é habitual neste club que aposta pola canteira:
 
  1- MANUEL Espasandín Romar. Porteiro.
  2- Manuel Santos Ramos, 'PARDO'. Defensa.
  3- PABLO Romero Suárez. Defensa.
  4- Alfredo Soneira Muíño, 'FREDI'. Defensa.
  5- JOSÉ ANTONIO Cruz Rama. Defensa.
  6- RAMÓN Gómez Costa. Defensa.
  7- Martín Fuentes Santos, 'MARTÍN MC'. Dianteiro.
  8- MARTÍN Pérez Gómez. Medio.
  9- VALENTÍN Fuentes Martínez. Dianteiro.
10- ALBERTO Costa Rodríguez. Medio.
12- ELOY Vilas Mato. Medio.
14- Iván García Espasandín, 'RUBIO'. Medio.
15- MARIO Romero Rodríguez. Medio.
16- ELOY Lema Ordóñez. Defensa.
17- ANXO Lema Grille. Porteiro.
18- JORGE Vidal Martínez. Dianteiro.
19- José Mª Núñez Alvarellos, 'CHEMA'. Defensa.
20- NORBERTO González Pose. Medio.
21- YAGO Couto Tasende. Defensa.
 
O porteiro Anxo
Chema volve á Liga da Costa
Jorge "Di María"
Son altas os seguintes xogadores: Pablo, Pardo, Rubio, Valentín e Yago (dos xuvenís), Eloy Lema (recuperado), Anxo (Dumbría), Jorge (Castriz), Chema (sen equipo) e Norberto (Bergantiños Xuvenil).

Causaron baixa: Andrés e Fermín (retirados), Canay (Laracha), Iván (Soneira), Javi Suárez (Xallas de Santa Comba), Matías (Camelle). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario