C. F. DUMBRÍA B 0 - C. D. BAIO 3
Gran partido o disputado polo CD BAIO este xoves no Conco ante o Dumbría B, no encontro aprazado da 8ª xornada que fora suspendido polo temporal. O resultado final de 0-3 non reflexa a ampla superioridade dos visitantes, que puideron vir cunha goleada de escándalo ante un rival que apenas creou perigo na porta de Manuel.
Fredi "Beckenbauer" deslumbrou cos seus recortes |
Xa desde ben pronto se viu que o Baio saía a por todas, e dous disparos de Mario desde a frontal foron o preludio do primeiro gol baiés. Alberto rouba un balón na medular e dálle unha perfecta asistencia a Javi Suárez, que por alto supera a Anxo. O xogo combinativo e rápido dos visitantes desarbolaba aos dumbrieses que só podían correr detrás do balón. Non tardou en aumentar o marcador o Baio, de novo por medio de Javi Suárez, que nunha xogada persoal desfacíase do seu marcador e volvía bater a porta local. Ao mando de Alberto, o centro do campo baiés apropiouse do balón, e o tridente ofensivo movíase constantemente na busca de espacios que facían sufrir aos seus marcadores. As incorporacións de Matías, e as chegadas en segunda xogada de Eloy e Mario, facían que o balón só tivese un dono e as ocasións sucedíanse diante de Anxo. Con todo, houbo que esperar ao último minuto da primeira parte para ver o terceiro gol, cun fermoso pase de Alberto en diagonal que controlou perfectamente MC e batiu a Anxo.
Javi Suárez leva 11 goles |
A segunda parte apenas tivo historia, o Dumbria B non daba sinais de recuperación e o Baio dedicouse a controlar o balón e buscar ás puntas, que tiveron numerosas ocasións, sobre todo dúas de MC e outras dúas de Javi Suárez, e incluso os xuvenís Rubio e Valentín puideron marcar, pero perdoaron fronte a Anxo.
Con esta vitoria ascende o Baio á quinta praza da clasificación, con 23 puntos, e confirma unha racha de cinco partidos seguidos sen perder (catro vitorias e un empate), que fai que a xente mire xa máis para arriba que para abaixo. Pero queda moita liga!!!
Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías (Fredi 75'), Iván, José Antonio, Ramón, Eloy, Mario (Yago 52'), Alberto (Valentín 82'), MC, Javi Suárez, Canay (Rubio 38').
Goles: 0-1 Javi Suárez (10'), 0-2 Javi Suárez (19'), 0-3 MC (44').
No hay comentarios:
Publicar un comentario