O C. D. BAIO na súa categoría CADETE vai participar por segundo ano consecutivo na Copa Coca Cola, que se celebrará na cidade da Coruña (Campos da Torre) os próximos días 3 e 4 de xaneiro. Este ano inscribíronse un total de 37 equipos procedentes das provincias da Coruña e de Lugo (da Costa só se anotou con nós o Outes F. C.), que foron distribuídos en grupos de 2 ou de 3 clubs, para axustar o cadro para a segunda fase. Foron declarados exentos os catro "grandes": Deportivo, Lugo, Racing de Ferrol e Montañeros; que pasan directamente á 2ª fase.
Celebrado o sorteo, o C. D. BAIO quedou encadrado no GRUPO 2.3., formado por dous equipos: SPORTING BURGO e CD BAIO, que se enfrontarán en partido único de 70 minutos de duración o martes 3 de xaneiro ás 19:45 horas no Campo 1.
O gañador desta eliminatoria enfrontaríase ao potente RACING DE FERROL o mércores 4 de xaneiro, en horario de 10:30 horas no Campo 2, nun partido de 35 minutos.
O noso rival, o Sporting Burgo (do lugar do Burgo -Culleredo-), compite na Liga das Mariñas Cadete (2ª Autonómica - Grupo 2º), liga composta de tan só 11 equipos que principiou hai un mes e da que se levan xogadas 4 xornadas. O Sp. Burgo disputou 3 partidos (unha xornada descansou), perdendo os dous primeiros (0-4 e 4-1) e gañando o último (3-1). O ano pasado participaba na 1ª Autonómica (Grupo 2º), pero os malos resultados (só 9 puntos) levárono ao descenso de categoría.
C. D. BAIO na COPA COCA COLA 2010-2011 |
Esperemos que os rapaces aproveiten esta experiencia para disfrutar dun día (ou dous) de fútbol na Coruña, ao igual que fixeron os que tiveron a sorte de ir o ano pasado.
COPA COCA COLA 2011-2012
SPORTING BURGO - C. D. BAIO
Martes 3 de xaneiro; 19:45 horas.
Campo: 1 da Torre (A Coruña).
Gañador Sp. Burgo/CD Baio - RACING FERROL
Mércores 4 de xaneiro; 10:30 horas.
Campo: 2 da Torre (A Coruña).
Chema, ti tas en todo eh! "mimá" sabes a historia do Sp. Burgo enteira? jajajaja
ResponderEliminarHaber o que facemos ho, cuidate.
Ah... e BO NADAL.