C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

4 jul 2013

CANAY E BIEITO VOLVEN Á CASA

O CLUB RENOVOU ADEMAIS A ANXO, NORBERTO E FACHAL

O dianteiro Canay e o centrocampista Bieito volven para a temporada 2013-14 ao CD BAIO, club no que se formaron e do que se foron na pasada temporada para recalar no Ponteceso SD. Agora asinaron para a vindeira campaña no equipo que adestrará Félix.

Eloy Canay Pazos (Baio, 1991) formouse nas categorías inferiores do CD Baio e formou parte do plantel do primeiro equipo nas temporadas 2010-11 e 2011-12. Na temporada 2012-13 realizou a pretemporada co Laracha CF da Preferente Autonómica e acabou fichando polo Ponteceso SD da 1ª Autonómica.

Bieito Pose Rodríguez (Laxe, 1994) tamén xogou nas categorías inferiores do CD Baio, xogando varios partidos co primeiro equipo nos seus anos de xuvenil. Sendo aínda xuvenil asinou a campaña 2012-13 polo Ponteceso SD, no que combinou o equipo xuvenil co afeccionado.

Por outra parte, a directiva do CD Baio asegurou a continuidade de varios dos xogadores que remataban a súa relación co club. É o caso do porteiro Anxo e do centrocampista Norberto, ademais de asinar Fachal a súa ficha como integrante do equipo de afeccionados.


Anxo Lema Grille (Brens, 1986) chegou na pasada temporada ao CD Baio procedente do CF Dumbría e agora renova a súa relación co equipo baiés para a 1ª Autonómica.

Norberto González Pose (Lamas, 1993) tamén chegou na campaña 2012-13 ao CD Baio despois de varios anos no xuvenil do Bergantiños, e agora continuará como integrante do equipo para a vindeira temporada.

Rodrigo Fachal Rial (Baio, 1994) xogou nas categorías inferiores do CD Baio, salvo unha paréntese no Bergantiños, e agora que remata a súa etapa xuvenil asina como membro do primeiro equipo, no que xa xogou moitos partidos nestes dous últimos anos.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario