C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

10 sept 2013

EMPATE NO PARTIDO DAS FESTAS

C. D. BAIO 0 - S. D. AGOLADA 0

Principiou a temporada na 1ª Autonómica e o CD BAIO colleitou un empate ante o equipo dezano da SD Agolada, que, coma nós, ascendía o ano pasado de categoría. O partido veu marcado polas festas patronais da vila baiesa, que puideron facerse notar co decorrer dos minutos. Con todo o Baio foi superior ao seu rival, sobre todo no segundo tempo, e aínda que non houbo moitas ocasións de gol, si mereceu colleitar un mellor resultado. 
Moito público o congregado no Platas Reinoso, que aproveitou a xornada festiva e o bo tempo para vir animar os seus. O Baio contaba coa ausencia do seu adestrador Félix, que a semana anterior contraía matrimonio, exercendo os labores técnicos o mancado capitán Martín. O Agolada, ben colocado sobre o campo, baseaba o seu xogo de ataque en balóns sobre o seu dianteiro-tanque Pablo, que prolongaba para as incursións dos mediapuntas ou controlaba na espera das incorporacións do centro do campo, pero a defensa baiesa mostrouse moi segura, e apenas puxeron en apuros a Anxo.
Na segunda parte o Baio puxo máis empeño na busca do gol da vitoria, mentres que o Agolada daba un paso máis atrás e apenas atravesaba o medio do campo. Pero o ataque baiés estaba falto de frescura pois combinaban ben ata as proximidades da área, pero non chegaba o pase definitivo. A ocasión máis clara estivo nos pés de Canay, que controlou un balón de costas á portería, e tras desfacerse do seu marcador era derrubado sen que o árbitro sinalase un que parecía claro penalty, pero aínda así Canay lograba desde o chan golpear o balón e este ía petar no poste co porteiro superado. Ao final, moita precipitación nas súas accións, que non deron o froito desexado.
Un punto agridoce que serve para inaugurar a temporada e que se pode facer bo o próximo domingo na visita a Padrón, para renderlle visita ao histórico Flavia. 

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, José Antonio (Ramón 79'), Mario, Yago, Eloy, Norberto, Fachal (Rubio 66'), Bieito, Alberto, Christian (Canay 46'), Martín MC.   

INFANTÍS: C. D. BAIO 0 - E. M. F. VIMIANZO 5

Partido inaugural da liga infantil que se xogou na tarde do luns, condicionado polas festas de Baio. O equipo do novo míster Julio Vila, aínda en fase de formación, acusou as baixas, pois só contaba con doce xogadores dispoñibles. Diante tivo un bo equipo, que este ano vai recoller os froitos da boa campaña que desenvolveu o seu equipo alevín. Con todo, foi nos minutos finais cando os visitantes lograron a goleada, pois bo parte do encontro foi disputado de poder a poder.

Polo CD Baio xogaron: Cedrón, Ariel, Víctor, Miguel, Leal, Eloy, Álvaro, Daniel, Torrado, Samuel (Atenea 41'), Queiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario