C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

28 jun 2012

RESUMO DA TEMPORADA: CADETE

FE EN CHRISTIAN E NO SEU APÓSTOLO SANTI

Fenomenal temporada a do equipo CADETE do CD BAIO, dirixidos por Emilio, a pesar dos moitos atrancos que tiveron ao longo da campaña. Se xa partían cun plantel curto, as continuas lesións, algunhas delas de longa duración coma as de Xoel e Javi, supliron con esforzo todas as trabas que ían xurdindo e confiando no poder desequilibrante dos seus dous dianteiros, sacar adiante os partidos.
Contaban de inicio con só 13 xogadores, aos que houbo que engadir catro infantís que disputaron toda a competición cos cadetes (Estefan, Michi, Alberto e Senande); pero coas continuas baixas chegaron no "mercado invernal" Adrián e Diego, ademais do infantil Fran. Tivo que romper a cabeza Emilio para compoñer un equipo, e a fe que logrou compoñer un equipo competitivo e que disputaba un fútbol alegre e combinativo. 
É de destacar a temporada de Pablo e de Anxo, que disputaron case todos os minutos; o primeiro foi o xefe da defensa e incluso marcou 7 goles, o segundo demostrou a súa clase no centro do campo. Tamén destacou a fortaleza de Kevin, que foi de menos a máis; e dous infantís que disputaron moitos minutos e a gran nivel: Michi e Estefan. Ao redor deles grandes xogadores que cumpriron co encomendado polo seu adestrador, facendo ese labor de equipo tan importante. Na parte negativa, como dixemos, as lesións, sobre todo a fractura de brazo de Javi, e a dobre lesión no menisco de Xoel, o auténtico líder deste equipo, que a pesar de non poder xogar seguíu exercendo o seu papel desde fóra.
Capítulo aparte merecen as actuacións dos dous dianteiros: Christian e Santi. Se o primeiro chegaba á cifra de 50 goles, o segundo non quedou lonxe con 39 (e iso que ao final non xogaron moito por iren convocados cos xuvenís). Eles coa súa clase resolvían os problemas cando xurdían e facían marabillar ao público que acudía a ver estas máquinas de facer fútbol.
A clasificación final do equipo foi o sexto posto, que ao final puido saber a pouco, pois as baixas nos últimos partidos fixo que se perdesen puntos para estar máis arriba. Os 60 puntos conseguidos son produto de 19 vitorias e 3 empates, con 10 derrotas; puideron marcar 128 goles e recibiron 71.
 Aquí podedes ver o ránking de minutos xogados e os goleadores do equipo, e a clasificación final:

O plantel cadete estivo composto polos seguintes xogadores:

Porteiros: Álex Blanco e Alberto Fuentes.
Defensas: Xenxo Espasandín, Xoel García, Fran Gavín, Pablo Rodríguez, Diego Simal, Michi Suárez e Alfonso Villar.
Medios: Kevin Fandiño, Estefan González, Adrián Lema, Javi Lema, Cristian Pazos, Anxo Rodríguez, José A. Souto Senande.
Dianteiros: Santi Díaz, Christian Ordóñez, Pedro Pérez, Hío Rodríguez, e o infantil Éver López.
Adestrador: Emilio Corzón. Delegados: Kiko Lema e Chema Rey.

O trofeo outorgado pola Xunta Directiva ao mellor xogador, contando coa opinión do seu adestrador, foi para:
Christian co trofeo entregado por Emilio.
(Foto: Rebeca Facal)
CHRISTIAN ORDÓÑEZ GARCÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario