C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

26 jun 2012

RESUMO DA TEMPADA: ALEVÍN-BENXAMÍN


Os máis pequenos tiveron este ano máis importancia que nunca no seo do C.D. BAIO, pois alevíns, benxamíns e incluso os prebenxamíns-biberóns, disputaron as ligas de fútbol sala e de fútbol 7 desde o mes de setembro ata ben entrado xuño. Dez meses de adestramentos e competición para os moitos rapaces que o pasaron ben adestrando e xogando, baixo as ordes de Emilio e Pastoriza, e coa axuda inestimable de Miguel, Marcos, Cristóbal e Diego. Aquí están as clasificacións (fútbol-sala e fútbol-7):

ALEVÍNS: Composto por un plantel de 17 xogadores, e dirixidos por Emilio, debutaron na Liga de fútbol-sala "Costa Bergantiñá" (o Baio era o único club presente ao lado das escolas deportivas municipais). A súa participación foi de menos a máis, e pagaron o mal comezo de liga non podendo remontar e saír do sexto e último posto final. Tan só marcaron 28 goles, dos cales Carlos marcou 13, mentres que Víctor e Miguel quedaron con 4, Manuel Mª e Ariel marcaron 2, e completaron con un Atenea, Borja e Pablo.
Mellor lle foron as cousas no Fútbol-7, pois xa tiñan os mecanismos adquiridos do ano anterior, e co paso das xornadas foron xogando mellor e gañando partidos, chegando ao final desexando que continuase a competición, pois era cando mellor estaban. Ao final quedaron na cuarta praza do Grupo Norte da Costa, non podendo chegar ao podio.

O plantel alevín estivo formado polos seguintes xogadores: Manuel Cedrón e David Conde (porteiros); Ariel Bouzas, Carlos Claro, Raúl Corzón, Víctor Facal, Miguel Fernández, Santiago Lozano, Eloy Pena, Pablo Queiro, Mencía Reborido, Borja Romero, Martín Romero, Atenea Senande, Antía Suárez e Daniel Torrado. O adestrador foi Emilio Corzón, axudado por Cristóbal Paredes, e o delegado Miguel Fernández.

O trofeo ao mellor xogador alevín outorgado pola directiva do CD BAIO, a partir da opinión do seu adestrador, foi esta temporada para:
Carlos Claro Varela

BENXAMÍNS: Formado por un plantel de 14 xogadores (4 deles prebenxamíns), e dirixidos por Pastoriza, participaron no outono-inverno na liga de fútbol-sala "Costa Bergantiñá", e fixérono con éxito, pois a piques estiveron de gañar a liga. Ao final quedaron en segunda posición a un só punto do campión Malpica (foi decisivo un gol malpicán nos últimos segundos no Baio-Malpica da antepenúltima xornada). Quizais a escasez de efectivos do comezo puido influír no resultado, pois fóronse sumando rapaces conforme discorría a temporada. Coa portería defendida explendidamente por Manuel, chegaron os 21 goles para conseguir importantes resultados. Os máximos goleadores no fútbol-sala foron Josiño e Samuel, con 6 goles, seguidos por Marcos con 4, Marina con 3, e Javi e Pose con 1.
Sufriron máis no Fútbol-7, pois a maioría nunca xogara e as dimensións do campo -sobre todo as do Platas Reinoso- facíanselle moi grandes e non se adaptaron a el. Con todo, cumpriron unha boa temporada e remataron na sexta posición do Grupo Norte da Costa.

Os benxamíns en fútbol-sala (Foto: Santi Soneira)
O plantel benxamín estivo formado polos seguintes xogadores: Manuel Rodríguez e Javier Santiago (porteiros); Miguel Claro, José Denís, Samuel Fuentes, Manuel Pose, Martín Quintáns, Marina Sendón, Marcos Villar; e os prebenxamíns Guillermo Eiroa, Bruno Fuentes, Pablo Gabín e Sergio Rodríguez. O adestrador foi José Pastoriza, coa axuda de Roi Fachal, e o delegado foi Marcos Fuentes.

O trofeo ao mellor xogador benxamín outorgado pola directiva do CD BAIO, a partir da opinión do seu adestrador, foi esta temporada para:
Marina Sendón Sousa

O adestrador tamén quixo destacar a Marcos Villar Rossi, por ser o xogador que acudiu a máis adestramentos ao longo da temporada (estivo en todos). Os pais dos xogadores tamén quixeron premiar a todos os benxamíns entregándolles unha medalla conmemorativa.

PREBENXAMÍNS-BIBERÓN: Aínda que non participaron en competición oficial pois o número de prebenxamíns non daba para facer un equipo, os desta idade e os da categoría Biberón estiveron adestrando e xogando algúns partidos amigables, tanto en fútbol-sala como en fútbol-7. Ademais dos prebenxamíns que participaron cos benxamíns, participaron os seguintes xogadores de categoría Biberón: Fabián Bouzas, Adrián Busto, David Díaz, Hugo Pastoriza, Yago Pazos, Daniel Rama, Yago Regueira e María Souto. O adestrador foi José Pastoriza, axudado por Roi Fachal.
Os máis pequenos en Malpica (Foto: Santi Díaz)
O adestrador quixo destacar na xornada final a Hugo Pastoriza Bargo, por ser o xogador que acudiu a máis adestramentos (estivo en todos).
      

No hay comentarios:

Publicar un comentario