NA PROCURA DE TEMPOS MELLORES
Temporada complicada para o equipo INFANTIL do CD BAIO, que dirixiu un ano máis Diego. A escasez de xogadores cadetes fixo que moitos dos infantís de segundo ano tivesen que disputar a liga cadete, non participando da infantil, o que se deixou resentir neste equipo. Con case todos os xogadores de primeiro ano, e incluso botando man dos alevíns, a temporada fíxose longa. Moitos notaron o cambio do campo de fútbol-7 ao campo grande, custándolle adaptarse ás novas dimensións, sobre todo en terreos como o Platas Reinoso.
Diego utilizou durante a temporada a 21 xogadores de categoría infantil, e outros 9 de categoría alevín tamén dispuxeron de minutos. Ao final quedaron na 14ª posición dun total de 16 equipos, conseguindo evitar nos últimos partidos o farol vermello. Sumaron un total de 12 puntos, produto de tres vitorias e tres empates. Marcaron 43 goles e recibiron 175. O pichichi do equipo foi Sergio, con 14 tantos.
O plantel estivo composto polos seguintes xogadores:
Porteiros: Julián Fuentes, Alberto Fuentes, Ayoub Eissiadi, e o alevín Manuel Cedrón [todos os porteiros xogaron tamén noutras posicións].
Defensas: Fran Caneda, Andrea Domínguez, Alejandra Facal, Fran Gavín, Manuel Queiro, Michi Suárez (1 partido), e os alevíns Víctor Facal e Eloy Pena.
Medios: José Antonio Figueiras, Santi Moreira, Javi Muíño, Álex Senande, José Antonio Souto, Sabela Ulloa, Anxo Vigueret, e os alevíns Carlos Claro e Manuel Mª Leal.
Dianteiros: Sergio Antelo, Noelia Fernández, Aarón García, Éver López, Eloy Silvariño, e os alevíns Ariel Bouzas e Miguel Fernández.
Adestrador: Diego Díaz. Delegado: Cristóbal Paredes.
Na seguinte táboa tendes os rapaces que xogaron máis minutos e os goleadores do equipo:
O trofeo que outorga a Xunta Directiva ao mellor xogador, elixido co consello do seu adestrador, foi para:
Andrea Domínguez Calviño
No hay comentarios:
Publicar un comentario