C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

5 nov 2013

SEGUIMOS SEN GAÑAR NOS DERBYS

C. D. BAIO 0 - PONTECESO S. D. 0

Moita xente no Platas Reinoso para o partido de rivalidade entre o CD BAIO e o Ponteceso SD a pesar da tarde chuviosa do domingo. Despois das derrotas nos outros dous derbys disputados, chegaba a Baio un Ponteceso como vítima propiciatoria dada a súa clasificación, pero historicamente este é un club que se lle deu mal aos baieses, e o domingo volveuse confirmar. Mal partido en xeral, con escasas ocasións de gol, e no que, nin un nin outro, conseguiron impoñerse sobre o rival. O Baio non encontrou o seu fútbol e non daba chegado con perigo á área rival, ante un porteiro pontecesán que non tivo excesivo traballo.
Logo dunha decepcionante primeira parte, o partido mellorou un pouco na segunda, sobre todo por parte do Baio, que tratou de chegar con máis perigosidade á meta rival. Pero as veces que o intentaron Martín MC e Canay non tiveron bo fin. O Ponteceso intentouno tamén, pero as súas chegadas viñan dadas por xogadas a balón parado. Nunha delas puido conseguir marcar, pero o dianteiro pontecesán non puido rematar ben e estragou a oportunidade. A xogada máis clara chegou xa no desconto, cando logo dunha combinación no medio do campo, Bieito conseguiu superar a defensa e encarar ao porteiro Illote, pero antes de entrar na área era derrubado por detrás polo defensa Rubén. A expulsión do pontecesán non supuxo un problema para que puidesen defender o resultado no escaso tempo que quedou ata o final.
Con este empate o Baio descende ata a sexta praza, nunha clasificación que está cada vez máis igualada, co Noia amosando o dominio que se lle presupoñía, pero que a partir de aí calquera pode gañarlle a calquera.
A vindeira semana visita á Pobra do Caramiñal para enfrontármonos a outro vello coñecido, o Puebla.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo. José Antonio, Fredi (Costiña 82'), Mario, Eloy (Ramón 75'), Norber, Fachal (Rubio 66'), Bieito, Christian (Canay 46'), Alberto, Martín MC.

XUVENÍS: PORTEÑO C. F. 2 - C. D. BAIO 3

Por fin a sorte estivo de cara para os xuvenís de Pastoriza e conseguiu gañar un partido no último minuto. Aínda que ben é certo que os baieses puideron sentenciar antes e volvéronlle empatar no desconto, pero a sorte quixo que un lanzamento de Santi Díaz desde campo propio entrase na portería porteña. A ver se este é o impulso que necesitaba o equipo, que a dicir dos rivais non merece o posto no que figura na clasificación. A vindeira semana, no Platas Reinoso ante o Castriz, remata a primeira volta, e aí veremos ao que pode aspirar o equipo.

Polo CD BAIO xogaron: Guille, Fabián, Michi, Pablo (Santi Díaz 51'), Silvariño, Kevin, Anxo, Pedro (Álex 83'), Cristian, David, Javi (Alfonso 83'). 

Goles: 1-0 Matías (16'), 1-1 David (24'), 1-2 Javi (63'), 2-2 David (91'), 2-3 Santi Díaz (92').

CADETES: C. D. BAIO 2 - U. C. CEE 3

Mellorou o Baio con respecto aos últimos partidos da Copa e a piques estivo de sacar algo positivo na segunda parte ante un gran rival coma o Cee. Pouco a pouco vanse recuperando os xogadores lesionados e a ver se na súa visita á Esteirana, coa que xa se enfrontou en dúas ocasións esta temporada, van tendo mellores sensacións.

Polo CD BAIO xogaron: Julián, Queiro, Javi Muíño, Alberto, Damián, David, Santi (Eloy 54'), Oreiro, Sergio, Ayoub, Anxo. 

Goles: 0-1 Luis (11'), 0-2 Saulo (21'), 1-2 Oreiro (46'), 2-2 Anxo (52'), 2-3 Borja (71').

INFANTÍS: OUTES F. C. 1 - C. D. BAIO 0

Bo partido dos infantís que a piques estiveron de sacar tallada na súa visita ao Conchido na tarde do sábado.

Polo CD BAIO xogaron: Cedrón, Víctor, Mohedano, Iago II, Queiro (Josué 59'), Miguel, Álvaro, Antía (Manuel Mª 40'), Ezequiel (Torrado 40'), Pablo, Martín (Ariel 40').

Gol: 1-0 Joan (55').

No hay comentarios:

Publicar un comentario