C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

12 nov 2013

POBRA SUPERADA!!!

PUEBLA F. C. 2 - C. D. BAIO 3

Tarde de domingo e visita á Pobra do Caramiñal para enfrontarse a un vello coñecido, o Puebla FC, que nos recibía no seu campo veciño da praia de Cabío. Como xa anunciamos na previa do partido é este un rival que sempre se lles deu ben aos baieses e este domingo volveuse corroborar, aínda que tivo que ser sufrindo ata o último minuto. Toda a sorte que lle faltou ao Baio durante o partido xuntouse nos momentos finais para darlle a volta a un marcador que se lles puxera de cara aos locais.
Comezou o partido cunha forte presión do Puebla, desexoso de marcar para aplacar o posible nerviosismo dun marcador desfavorable, en vista da súa posición clasificatoria. Aínda que chegaban en oleadas sobre a meta de Anxo, non coa suficiente claridade para poñer en apuros aos baieses. Pero unha nova xogada desgraciada castigaba ao Baio cun gol en contra, pois aos vinte minutos un barullo na área remataba cun balón que Norber non conseguía despexar na liña de gol e introducía o balón na portería. Pouco a pouco foi o Baio atopando o camiño da portería rival, e sobre todo a través de Martín MC chegaba o perigo visitante, pero os seus remates non creaban o perigo desexado. A ocasión máis clara deste período tívoa Norberto, pero a súa volea desde o punto de penalti petaba no poste co porteiro xa batido.
Alberto: 2 goles e 1 asistencia en 45'
Mellorou o Baio na segunda parte, máis avanzado na súa presión e chegando con máis claridade arriba. Do mesmo xeito mostraba seguridade atrás, o que unido aos pases entre liñas de Alberto lle daban máis mordente. Dun destes pases chegou a ocasión máis clara, á hora do partido, cando Martín MC se presentou ante o meta Alassane, pero nunha magnífica intervención conseguía desviar o lanzamento. Non desfaleceron os baieses, e habían ter premio ao seu esforzo. Un libre directo desde a frontal lanzado por Martín MC é cortado coa man por un defensor que na barreira e o colexiado sinalaba o claro penalti, que se encargaría de converter Alberto. Ademais o penalti supoñía o segundo cartón amarelo para o defensor Carlos, polo que cun home máis o Baio foise polo partido. Pero nun lanzamento de falta a favor chegou o mazazo dun novo gol local, que nun rápido contrataque e con numerosos rexeites conseguía poñerse por diante para asombro de todos. O que podería supoñer un golpe irreversible para os baieses non foi así e nos escasos minutos que quedaban non baixaron os brazos e fóronse polo empate. Este chegaría logo dun córner que botou Alberto, e no que o porteiro local empuxaba a Rubio impedíndolle rematar. Ao árbitro non lle tremeu o pulso e sinalou o penalti, que novamente marcou Alberto rematando con tranquilidade. Pero a cousa non rematou aí e xa no desconto chegou o gol da vitoria baiesa, aproveitando o lanzamento dunha falta do Puebla sobre a área, o rexeite da defensa baiesa chégalle a Alberto que mete de primeiras un fermoso pase en profundidade sobre Martín MC, que lle gaña por velocidade aos defensas e bate de potente zurdazo a Alassane e darlle a vitoria ao Baio.
Aínda que non foi o mellor partido do Baio non merecía marchar de baleiro do campo da Alta, e os minutos finais fixeron xustiza ao visto no terreo de xogo, aínda que os locais ben poden dicir que a can fraco todo se lle volven pulgas. Con este triunfo mantense o Baio nos postos altos da clasificación, empatado con outros dous ascendidos como son Agolada e Esteirana. Na vindeira xornada visitará o Platas Reinoso o Unión de Asados, que se mantén tamén nos postos medio altos, a pesar dun comezo irregular.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, Jose (Fredi 77'), Mario, Chema, Eloy, Yago (Alberto II 89'), Norber, Fachal (Alberto I 46'), Bieito, Christian (Rubio 60'), Martín MC. 

Goles: 1-0 Norber (pp, 20'), 1-1 Alberto (p., 76'), 2-1 Savi (81'), 2-2 Alberto (p., 89'), 2-3 Martín MC (94').

XUVENÍS: C. D. BAIO 6 - S. D. CASTRIZ 0

Necesitaban os rapaces de Pastoriza un resultado contundente para volver confiar nas súas posibilidades, e aínda que tiveron que agardar á segunda parte para sentenciar, mostraron que cada xornada van a máis. Á parte dun novo hat-trick de Santi Díaz, hai que destacar a dous goleadores pouco frecuentes, Kevin e Anxo, que ademais de dous grandes goles fixeron as delicias do público co seu xogo.

Polo CD Baio xogaron: Guille (Álex 75'), Fabián (Jose 65'), Michi, Pablo, Silvariño, Kevin, Anxo, Pazos (Alfonso 75'), Pedro (Javi 67'), David, Santi Díaz.

Goles: 1-0 Pablo (26'), 2-0 Santi Díaz (48'), 3-0 Kevin (59'), 4-0 Santi Díaz (61'), 5-0 Santi Díaz (77'), 6-0 Anxo (88').

CADETES: S. C. R. D. ESTEIRANA 4 - C. D. BAIO 2

Bo partido dos cadetes, que xogaron de novo ante a Esteirana despois do enfrontamento copeiro, e parece que lle ten collida a medida porque volveron gañar. E iso a pesar de que o Baio se adiantou, pero en apenas cinco minutos tres goles locais sentenciaron.

Polo CD Baio xogaron: Julián, Javi Muíño, Queiro, Sergio, Damián, Oreiro, Alberto, David, Santi, Anxo, Eloy (Éver 48'). 

Goles: 1-0 Brais (7'), 1-1 Santi (20'), 1-2 Oreiro (46'), 2-2 David (47'), 3-2 David (50'), 4-2 Fran (53').

INFANTÍS: C. D. BAIO 0 - U. C. CEE 8

Chegaba a Baio o invito Cee e abofé que mostrou as súas condicións de grande equipo, deixando o encontro sentenciado no primeiro tempo ante un asoballado Baio.

Polo CD Baio xogaron: Cedrón (David 40'), Ariel (Ezequiel 49'), Manuel Mª, Víctor, Mohedano, Iago I, Queiro (Josué 40'), Miguel, Ordóñez (Eloy 40'), Iago II, Pablo (Martín 40').

No hay comentarios:

Publicar un comentario