S. C. R. D. ESTEIRANA 2 - C. D. BAIO 3
Tarde de domingo en Esteiro con ceo despexado pero con aire frío que non amilanou aos afeccionados que se presentaron no Xosé Luís Vara en gran número, tanto por parte local como vistante. Moi bo ambiente para presenciar un partido entre os dous equipos que o ano pasado dominaron a Liga da Costa, e que practican un fútbol totalmente oposto pero igual de efectivo. Nesta ocasión o Baio foi moi superior ao seu rival, xogando quizais o mellor partido da temporada e mereceu gañar con máis solvencia e non pasar tantos apuros.
Logo duns minutos de asentamento no campo de ambos os equipos, pouco a pouco o dominio do balón pasou a poder do Baio, fronte a unha Esteirana que tampouco estaba incómoda con esta situación, pois baseaban as súas chegadas en balóns longos sobre o dianteiro Róber Pladur ou os veloces mediapuntas. A primeira grande ocasión foi de Martín MC, que desde a frontal da área lanzou un forte disparo que bateu no pau e o rexeite no lombo do porteiro saíu fóra. Inquietou a Esteirana con dous lanzamentos de Kike alto e de Róber que saíu lambendo a escuadra. Pero o Baio chegaba máis e con máis perigo, e a mala sorte cebouse con baieses, que tiveron tres grandísimas ocasións máis neste período. Bieito, logo dunha combinación con Martín MC presentábase ante o meta esteirán, pero este conseguía sacar o balón cos pés. E dous lanzamentos aos postes, primeiro por medio de Fachal, de lanzamento desde fóra da área, e chegando ao descanso por medio de Canay. Coa sensación dun marcador inxusto chegouse ao intermedio.
11 inicial do Baio en Esteiro [Foto: MMD] |
Con esta vitoria o Baio sobe ata a sexta posición, dentro dun grupo de ata oito equipos que perseguen ao intratable Noia. A vindeira semana visita o Platas Reinoso o Lamela, que perdeu os últimos catro partidos, pero que foi quen de gañarlle a grandes equipos como o Arzúa ou o Unión.
Polo CD BAIO xogaron: Anxo, Chema, Yago, Mario, Jose A. (Eloy 80'), Nórber (Ramón 84'), Fachal (Christian 63'), Bieito, Canay (Rubio 83'), Alberto, Martín MC.
Goles: 1-0 Róber Pladur (60'), 1-1 Canay (68'), 1-2 Canay (72'), 2-2 Uru (75'), 2-3 Alberto (p., 82').
CADETE: OUTES F. C. 3 - C. D. BAIO 4
Chegaban os cadetes do Baio á Serra de Outes con moitas baixas, pero conseguiron a primeira vitoria da temporada que se lles negara con anterioridade. Serían os locais os que se adiantasen na primeira parte, pero nada máis comezar o segundo período conseguían darlle a volta ao marcador os rapaces de Fredi, grazas a dous temperáns goles de Ayoub. Empatou o Outes, pero case sen tempo para celebralo Anxo volvía poñer en vantaxe aos baieses e Josiño sentenciaba a dez para o final, aínda que os outenses non se renderon e puxeron emoción aos minutos finais cun novo gol.
Polo CD BAIO xogaron: Julián, Éver, Queiro, Fran, Sergio (Eloy 71'), Damián, Ayoub, David, Figueiras, Josiño, Anxo.
Goles: 1-0 Simón (21'), 1-1 Ayoub (42'), 1-2 Ayoub (45'), 2-2 Simón (55'), 2-3 Anxo (58'), 2-4 Josiño (70), 3-4 Borja (75').
INFANTIL: C. D. BAIO 2 - E. D. OS MIÚDOS 1
Primeira vitoria dos infantís que por fin lles sorriu a sorte e leváronse un partido moi igualado. Aínda que os locais gozaron na primeira parte de boas oportunidades, chegouse ao descanso sen goles. No segundo tempo foise impoñendo o maior físico dos muradáns, que gañaban nos balóns divididos ante os novos pero aguerridos xogadores locais. Nun balón recuperado en medio campo chegou o gol visitante, logo dunha boa combinación. Pero os rapaces de Julio non se renderon e buscaron coas súas armas empatar o partido, o que conseguiron a falta de cinco minutos por parte de Pablo Vidal. E o último minuto foi de infarto, cun lanzamento dos muradáns que evitaron entre David e o poste, e o contraataque baiés, que cun balón longo que sorprendeu aos defensas e porteiro dos Miúdos co seu bote, pero non ao pequeno Ezequiel, que seguiu o balón e puido rematar e marcar no último suspiro.
Polo CD BAIO xogaron: Cedrón (David 73'), Ariel, Ordóñez (Pablo 40'), Víctor, Mohedano, Eloy (Antía 53'), Torrado (Iago I 40'), Queiro (Ezequiel 65'), Miguel, Álvaro, Iago II.
Goles: 0-1 Miguel (52'), 1-1 Pablo (76'), 2-1 Ezequiel (80').
No hay comentarios:
Publicar un comentario