MUXÍA C. F. 0 - C. D. BAIO 3
A continuación ofrecémosvos a crónica do partido de categoría xuvenil que redactou o noso enviado especial SANTI DÍAZ, coa súa correspondente reportaxe fotográfica:
Na tarde deste sábado disputouse a 3ª xornada da Copa da Costa xuvenil, que enfrontaba ao Muxía e ao C. D. Baio, quen chegou e marchou como líder do grupo 1, con 6 puntos de 6 posibles, pois non disputou a primeira xornada polo temporal (partido que se xogará o vindeiro martes de carnaval). E vaiamos ao partido... E é que comezou moi ben para os de Emilio, que se adiantaron no minuto 2 logo dunha falta botada por Pablo que enviou ao fondo das redes David, logo de que Ancho non lograse facerse coa pelota. Continuou o partido dun xeito que se semellaba máis a un partido de tenis que a un de fútbol. O campo estaba en malas condicións pola chuvia dos dias anteriores e era moi dificultoso para os dous equipos sacar o balón xogado. As faltas eran constantes en ambos os bandos e o partido estaba continuamente parado. Houbo ocasións para os dous lados, pero nin Christian, nin Pesqui, nin Lucas, nin Gerardo eran capaces de ver porta. E cando si o facían aparecían Guille e Ancho, que salvou ao seu equipo dunha derrota máis avultada. O Baio estaba sendo superior no treito final da 1ª metade e iso desandeou o 0-2, que o anotaría Lucas logo dun man a man co porteiro muxián. A 2ª metade foi máis do mesmo, moitas faltas e pouco fútbol. Só algunha que outra ocasión polo medio, pero o partido estaba continuamente parado, por faltas e córners, que ningún dos dous conxuntos soubo aproveitar. Corría arredor do minuto 60 cando entrou no campo o cadete baiés Christian, que debutaba na categoría, e foi el mesmo quen sentenciaría o partido poñendo o 0-3 logo de rematar coa porta baleira. Os baieses sitúanse 1º empatados a 6 puntos cos da Serra de Outes, namentres os muxiáns pechan a táboa co cupo de puntos baleiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario