C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

4 mar 2013

GOLEADORES E CLASIFICACIÓNS

Xa estamos aquí coas táboas de goleadores das distintas categorías do CD BAIO e da Liga da Costa. Poucas novidades na primeira delas, pois que marque Anxo xa non é noticia, aínda que poida selo que só marque un (o seu traballo lle custou). En canto aos goleadores da Liga da Costa, hai que destacar esta xornada varios xogadores que anotaron un hat-trick: Lourido (Corcubión), Abel (Sofán) e Roberto (Castriz), mentres que o muradán Mayuyo anotaba na súa despedida -vai para o Soneira- un total de catro goles, que curiosamente non serviron para que o Muros puntuase. Do trío cabeceiro, só Kike conseguía sumar un tanto, e achégase un pouco ao líder Martín MC.

Nas clasificacións das categorías base, temos que principiar polo equipo xuvenil, que colleitaba esta semana a súa terceira derrota consecutiva, e, a pesar de que xa están clasificados para a rolda de oitavos, parece que se están deixando levar. Os cadetes seguen sen abandonar a última praza, pero parece que a actitude "pasota" de partidos anteriores foi modificada e agardemos que pronto se vexa reflectido nos resultados. Capítulo á parte merecen os infantís, que xornada a xornada van mellorando, e xa son terceiros na clasificación -iso si, As Baleas, cuarto, ten un partido menos-; e mesmo son capaces de sufrir e remontar un partido que se lle puxera costa arriba. No tocante ao Fútbol-8 a eterna dúbida: ¿deben xogar só os mellores ou deben xogar todos? ¿Pan para hoxe e fame para mañá? Aí está a diferenza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario