C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

19 mar 2013

GOLEADORES E CLASIFICACIÓNS

Aquí tendes a lista de goleadores das distintas categorías do CD BAIO e da Liga da Costa. Poucos cambios na primeira, e só subliñar que o infantil Anxo xa chegou aos corenta goles. Na táboa da Liga da Costa, os dous primeiros marcaron cadanseu gol e parece que van ser os que loiten polo pichichi, aínda que o sofanista Abel leva unha boa racha nos últimos partidos e achégase á terceira posición.

E agora as clasificacións das categorías de fútbol-base do CD BAIO. Esta semana disputouse por vez primeira na historia a Liga da Costa na súa categoría pre-benxamín, competición na que tiña que estar o CD BAIO. Aínda que o debut non foi bo en canto ao resultado, moita expectación se creou neste partido, con numeroso público no Platas Reinoso. Por outra parte, a vindeira fin de semana remata a competición en fútbol sala da Costa Bergantiñá.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario