XUVENIL: C. D. BAIO 0 - PONTECESO S. D. 0
Bo resultado o colleitado polo CD BAIO ante un dos favoritos da competición. Moitas baixas presentaba o cadro baiés para este partido, pois causaron baixa David e Hío, mentres que chegaron renqueantes Anxo, Xoel, Christian e Santi Díaz. Estes dous só puideron xogar a última media hora, e notóuselles ben que non estaban nas mellores condicións. Ante este panorama incluso o porteiro suplente Pollo tivo que xogar de dianteiro, debido ao tremendo golpe que levou Cachopo na fronte, que lle deixou un bo chichón. Os pontecesáns tamén tiñan algunha baixa, como a do xogador da canteira baiesa Bieito, e Alberto Recarey, convocado cos maiores ao día seguinte, só xogou a segunda parte.
Cachopo aumentou o seu perímetro cranial no "choque" contra o Ponteceso [Foto: S. Díaz] |
O partido resultou bastante aburrido, con moi poucas ocasións de gol, con moito medo a perder por parte dos dous equipos. Houbo algunha ocasión, máis por aproveitar erros do rival, que a través de xogadas trenzadas, como a estes dous equipos lles gusta facer. Quizais a ausencia dos seus xogadores máis determinantes en posicións dianteiras tivo moito que ver. Melloraron os equipos na segunda parte, coa entrada destes homes, pero as ocasións seguiron sendo escasas. Nos minutos finais, cos equipos cansos, tivo Santi Díaz dúas oportunidades moi claras para deixar os tres puntos na casa, pero non atinou como nos ten acostumados.
Agora a clasificación está bastante igualada, con tres equipos empatados con 10 puntos (Malpica, Ponteceso e Baio), e outros dous que os perseguen con 9 puntos (Cabana e Coristanco); iso si, os baieses teñen un partido menos polo aprazamento do seu encontro fronte ao Muxía. O próximo sábado, visitarán As Redondas, para enfrontarse ao Cabana, o outro equipo que xunto co baiés permanece invicto.
Agora a clasificación está bastante igualada, con tres equipos empatados con 10 puntos (Malpica, Ponteceso e Baio), e outros dous que os perseguen con 9 puntos (Cabana e Coristanco); iso si, os baieses teñen un partido menos polo aprazamento do seu encontro fronte ao Muxía. O próximo sábado, visitarán As Redondas, para enfrontarse ao Cabana, o outro equipo que xunto co baiés permanece invicto.
Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Marcos (Christian 61'), Xoel, Pablo, Alberto, Fachal, Kevin, Anxo, Lucas, Cachopo (Pollo 82'), Carlos (Santi Díaz 56').
INFANTIL: E. M. F. VIMIANZO 1 - C. D. BAIO 8
Na tarde do sábado desprazáronse os rapaces de Pastoriza á capital soneirana para enfrontárense ao equipo das escolas municipais vimiancesas, dirixido por Paco. E por segunda semana consecutiva conseguiron os baieses unha goleada de escándalo, coa destacada actuación do punta Anxo, autor de cinco goles. Foron os outros goleadores Eloy Silvariño, Santi e Carlos.
Con esta vitoria seguen encabezando a táboa clasificatoria, logo de dúas xornadas, á espera de recibir o vindeiro domingo á Esteirana, que se encontra na metade da clasificación, despois dunha vitoria e unha derrota.
No hay comentarios:
Publicar un comentario