C. F. DUMBRÍA B 1 - C. D. BAIO 8
Non é que fixese moito aire o domingo no campo dumbriés, é que por alí pasou un CD BAIO impresionante, que tivo diante un débil rival, formado por rapaces moi novos, que se viron superados polo estado de gracia goleadora de Martín MC, acompañado da visión de xogo do capitán Martín. Aínda así o Baio quedou a un gol de igualar a máxima goleada da súa historia, que data da temporada 90-91 (ano no que foron campións de liga), na que gañaron 1-9 en Lira.
Pouca historia ten o partido, que comezaba precisamente cun gol de Martín, para logo ser o pichichi o que anotase catro máis para chegar ao descanso co 0-5. Aproveitou o tempo de lecer o míster Félix para dar entrada a novos xogadores, e neste período Martín MC anotou dous goles máis para completar o dobre hat-trick, e Eloy Vilas marcou o oitavo. Nos minutos finais Rodrigo maquillou o resultado para os dumbrieses, que xa estaban con 9 homes no campo, polas expulsións no minuto 70 de Ricardo e Isma, ademais do seu adestrador César Ferrío. Tamén sería expulsado ao final do partido o delegado dumbriés, o que provocou que o colexiado solicitase a presenza da forza pública.
En definitiva, tres puntos máis para o CD BAIO, que dan mostra da boa liña que está a mostrar neste comezo de temporada, só empañada polo resultado contra o Montelouro, e achegándose ás prazas cabeceiras cos seus doce puntos sumados. Pola contra, mala imaxe dos locais, que non invitan ao optimismo pois non sumaron aínda ningún punto e os nervios xa empezaron a aflorar. Esperemos que o ex-xogador baiés César Ferrío saiba reconducir esta complicada situación.
Polo CD BAIO xogaron: Anxo (Pollo 75'), José Antonio, Mario (Rubio 70'), Eloy Lema (Pardo 45'), Pablo, Yago, Fachal, Norberto (Eloy Vilas 45'), Jorge (Alberto 45'), Martín MC, Martín.
Goles: 0-1 Martín, 0-2, 0-3, 0-4, 0-5. 0-6 e 0-7 Martín MC, 0-8 Eloy Vilas, 1-8 Rodrigo.
Como sempre deixámosvos cunha reportaxe fotográfica de Santi Soneira (pica para agrandar):
Martín deu clases de fútbol |
MC imparable |
Axencia de Seguros O Porteiro? |
Ocasión de Martín |
Celebración dun gol |
Ocasión de Jorge |
A desesperación levou ás expulsións |
As botas de MC (para un museo) |
Vaia gol, presidente!! |
Martín MC tamén fallou goles |
Norberto non dá balón por perdido |
Gol de Eloy!!! |
Mario nin sudou |
Anxo volvía a Dumbría |
ESTA É A AFECCIÓN DO BAIO!!! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario