C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

1 oct 2012

RETOMANDO O BO CAMIÑO

C. D. BAIO 2 - S. C. D. ESTEIRANA 0
 
Na "veraniega" tarde do domingo recibía o CD BAIO no Platas Reinoso á SCD ESTEIRANA, un dos conxuntos chamados a estar nos postos altos da clasificación, pero os baieses volvían ao camiño da vitoria facéndose cos tres puntos ante un rival que fixo bastantes méritos para perder (dicímolo pola actitude dalgún xogador, que non beneficia en nada a esta histórica entidade).
Chegaban os visitantes con moitas e importantes baixas, iso é certo, por vacacións uns, por lesións outros e por sancións dous deles; e aínda así presentaron un equipo moi competitivo, que se lle vía que sabíao ao que xogaba e que xogaba ben... ata que se van do partido.
Efrén e Félix falando do partido
[Foto: Santi Díaz]
Centrándonos no encontro, comezaron os dous equipos con moito medo, como querendo evitar verse sorprendidos, moi gardados atrás e esperando o fallo do rival. Houbo que esperar ao cuarto de hora para ver a primeira ocasión, neste caso visitante, cando unha internada de Álex pola esquerda remata cun centro sobre Róber Pládur, que é cortada por José Antonio coa cabeza e o balón vai ao traveseiro. Tan só un minuto despois, respondía Martín MC cunha xogada persoal que remataba cun lanzamento cruzado que batía na base do poste esteirán. Animaban estas ocasións o partido, que parecía que entraba nunha fase de fútbol máis vertical, cunha Esteirana que pretendía levar o ritmo cos seus perigosos atacantes... ata que se equivocaron de rival. Moitos dos xogadores visitantes creron ver que o rival era o árbitro e non o Baio, e todo estaba mal pitado. E nestas chegou a media hora de xogo, e unha internada de Martín MC na área, remata con este no chan e o colexiado sinalando o penalti. Quizais fose riguroso ou non fose, pero quizais as continuas protestas anteriores dos esteiráns influíron no árbitro. O que conta é que foi gol de Martín MC de penalti. Apenas tres minutos despois, un pase de Martín sobre o goleador baiés Martín MC déixao só diante de Beni e báteo con facilidade por baixo. Os visitantes protestaron a posición do atacante baiés por entender que estaba en fóra de xogo; un deles, Damián o Suízo, de forma grave polo que foi expulsado con cartón vermello directo. Tivo varias ocasións o Baio antes do descanso para dar por finiquitado o choque pero non souberon aproveitalas.
Anxo dominou o xogo aéreo [Foto: Santi Soneira]
A retirada dos xogadores ao vestiario trouxo novas protestas contra o árbitro por parte visitante que levaron canda si outro expulsado, neste caso o capitán Adelino, que viu o segundo cartón amarelo. A segunda parte non tivo historia, e quizais mellor fose nin disputala. O Baio dedicouse a tocar o balón e adormeceu o partido, tanto que se durmiu e a piques estivo de levar algún desgusto contra nove homes, sobre todo nun libre indirecto dentro da área, que Andel non aproveitou. En ataque apenas crearon ocasións, só algún intento dos dous Martíns, pero sen excesivo perigo. Rematou o partido, e camiño dos vestiarios novas protestas contra o árbitro, algunha reflectida na acta, pero sobre todo hai que denunciar que unha persoa non indentificada polo colexiado, pero que segundo recolle na acta, vestía o chándal da Esteirana cuspíalle ao árbitro na cara. Posteriormente, delegado e presidente do Esteirana fóronlle pedir desculpas ao colexiado polo comportamento desta persoa.
En definitiva, tres puntos que veñen paliar a derrota do domingo pasado na casa e que traen esperanzas ante a visita do próximo domingo ao Conco, para enfrontarse ao pechacancelas Dumbría B.
 
Polo CD BAIO xogaron: Anxo, José Antonio (Fredi 58'), Mario, Ramón, Pablo (Eloy Lema 77'), Yago, Norberto (Fachal 82'), Eloy Vilas, Jorge (Rubio 66'), Martín MC, Martín.
 
Goles: 1-0 Martín MC (33', p.), 2-0 Martín MC (36').
 
Agora, deixámosvos coa reportaxe fotográfica do Santi Díaz e Santi Soneira

Norberto, un fotógrafo e dous iváns
Ocasión de Jorge




O penalti visto por S. Díaz


O penalti visto por MC

O penalti visto por S. Soneira



Martín lanza con picardía unha falta






Un veterano e dúas promesas



Tres para parar a Martín...

...pero Martín sempre escapa.



 
Ahhhhhhhhh!!!


Os nenos aburríanse na 2ª parte,
a pesar de que MC o intentaba 
Róber Pladur e José Antonio

No hay comentarios:

Publicar un comentario