ALBERTO SILVARIÑO, no centro, ten que operarse da clavícula, se as autoridades sanitarias o permiten, claro. |
Alberto Silvariño, xogador xuvenil do CD BAIO, sufría o pasado xoves unha importante lesión na súa clavícula e no ombro dereito, que o manterá bastante tempo afastado dos terreos de xogo. Os feitos aconteceron no partido disputado no campo de Arliña fronte ao Muxía CF, cando se disputaba o minuto 74. Unha disputa por un balón dividido acaba cun empurrón do xogador muxián, o que dá con Alberto no chan, que caeu nunha mala postura, o que lle causou unha forte dor na zona do ombreiro. Foi trasladado esa mesma tarde-noite ao Hospital San Rafael, no que se lle fixeron as primeiras probas, que determinaron unha fractura de clavícula e unha posible desviación do ombro, polo que se determinou que debería ser operado nesta semana, en concreto, o próximo venres.
Pero o luns, cando fora citado para as pertinentes probas previas á operación, topouse de fronte coa burocracia, pois no mencionado centro hospitalario negáronse a realizar calquera tipo de atención mentres non chegase o pertinente permiso da compañía aseguradora (disque desde Madrid). O hospital, que contaba con toda a documentación do xogador desde o mesmo sábado, non enviou a petición do permiso ata o propio luns, cando xa se encontraba o xogador no hospital para acudir á cita que lle marcaran, pero ante a negativa burocrática tivo que volver para a casa como veu: 120 km no coche cunha clavícula rota e un brazo inmobilizado para nada!!! Por que os responsables do San Rafael permiten estas actuacións? Se a compañía aseguradora aproba todas as peticións, por que non se intervén o antes posible? Se no San Rafael saben que é necesaria esa aprobación, por que citan a alguén se despois non o van atender? Se como din se debeu a unha falta de comunicación entre o equipo médico e o administrativo do hospital, alguén terá que poñerlle remedio a esta incopetencia!!
Agardemos que se resolva o máis pronto posible, e que poida ser operado esta semana, algo que o luns non lle aseguraban.
Mentres tanto, desde a familia do CD BAIO queremos transmitirlle a ALBERTO as maiores forzas e ánimos neste momento duro, e desexarlle unha pronta recuperación. O equipo xuvenil botará de menos ao seu lateral esquerdo, un dos xogadores máis destacados nesta temporada, pero seguramente botará máis de menos ao Alberto compañeiro, pois é desas persoas que fai equipo, que lle axuda a todo o mundo e que incluso é o primeiro en cargar cos bolsos da roupa (Vilas, vas ter que buscar outro axudante!).
ESTAMOS CONTIGO, ALBERTO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario