C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

1 nov 2012

MES NOVO, NOVAS VITORIAS

INFANTIL: C. D. BAIO 5 - PONTECESO S. D. 0

Na mañá deste xoves festivo xogaron os infantís o seu partido de liga adiantado do domingo ante o Ponteceso, que presentaba un equipo moi novo, pero que tratou sempre de realizar un bo xogo, combinando entre eles, sen importarlles a superioridade física local, nin o resultado que figuraba no marcador. E esa superioridade foi contraproducente para os locais, sobre todo na primeira parte, na que cada un facía a guerra pola súa conta. De feito, chegouse ao descanso cun axustado 1-0. Melloraron os rapaces de Pastoriza tras o descanso, e froito diso chegou o segundo gol de Anxo; pero tamén melloraron os visitantes na súa parte ofensiva, e mesmo tiveron a ocasión de acurtar distancias por medio dun penalti, que conseguíu deter con acerto Julián. O tanto de Éver deu por rematado o partido, e o míster local dedicouse a facer diversas probaturas, como a de colocar os tres puntas como defensas. Un golazo de Antía desde fóra da área e outro de Carlos na saída dun córner puxeron o marcador definitivo.
 
Polo CD BAIO xogaron: Julián (Cedrón 52'), Alejandra (Antía 55'), Víctor (Suárez 62'), Carlos, Andrea (Ariel 60'), Santi, Sergio, José Antonio (Dani 67'), Éver, Eloy, Anxo.
 
Goles: 1-0 Anxo, 2-0 Anxo, 3-0 Éver, 4-0 Antía, 5-0 Carlos.

XUVENIL: C. D. BAIO 5 - MUXÍA C. F. 2

Xogouse na tarde do xoves o partido aprazado correspondente á 2ª xornada de liga entre o CD BAIO e MUXÍA CF no Platas Reinoso. Chegaban os baieses atravesando unha crise de xogo e resultados, que conseguiron paliar fronte aos muxiáns, sobre todo na segunda parte, na que houbo unha choiva de goles. O Muxía presentouse en Baio con tan só 12 xogadores, e no quecemento lesionóuselle un, polo que tivo que afrontar o partido sen cambios, pero aínda así demostraron gran capacidade de loita e fixeron un bo encontro. Por parte baiesa, Emilio deixou no banco as "vacas sagradas": Fachal, Cachopo, Lucas, Pollo. A primeira parte foi bastante igualada, con escasas oportunidades de gol por ambos bandos, que tan só rompeu Santi Díaz nunha ocasión para bater ao porteiro muxián. Polo contra, na segunda xa se mostrou un mellor fútbol, con constantes chegadas, sobre todo dos locais, que se viu reflectido no segundo gol de Lucas. Parecían ter os baieses o encontro controlado, pero os muxiáns nunca tiraron a toalla, e recortaban distancias cada vez que os locais marcaban: así do 2-1 pasouse ao 3-1 cun gol nun lanzamento de falta de Christian, e de aquí ao 3-2. Tivo que poñer Santi Díaz a tranquilidade con dous novos goles para completar o seu hat-trick, o primeiro deles un golazo desde fóra da área. Remata o Baio a primeira volta na cuarta posición, a un punto do Cabana, que é quen ocupa a última praza para optar á xogar a 2ª fase da Liga da Costa. Malpica e Ponteceso está xa a cinco puntos, pero aínda queda toda a segunda volta, que comeza este sábado co derby no Platas Reinoso fronte ao Sp. Zas.

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Xoel, David (Lucas 59'), Pablo, Alberto (Pollo 68'), Kevin, Anxo, Carlos (Cachopo 53'), Hío (Fachal 45'), Christian, Santi Díaz.

Goles: 1-0 Santi Díaz, 2-0 Lucas, 2-1 Peski, 3-1 Christian, 3-2 Denís, 4-2 Santi Díaz, 5-2 Santi Díaz.

E agora as fotos do partido realizadas por Alba Díaz, chegada expresamente desde Madrid:















 

No hay comentarios:

Publicar un comentario