MAZARICOS C. F. 0 - C. D. BAIO 2
Agora que os xornalistas gustan tanto de darlle moito bombo a certos termos, descubrimos que esta fin de semana nos vimos afectados por unha cicloxénese. Acudimos ao dicionario na busca do significado exacto deste termo e atopamos: "Conxunto de procesos meteorolóxicos que dan orixe á creación de ciclóns ou ben á intensificación doutros xa existentes". E teño para min que exactamente isto é o que lle acontece ao CD BAIO, que este ano se deron unha serie de procesos e tamén que se intensificaron outros xa existentes para que pase coma un ciclón polos campos da Costa. Son xa once os partidos que leva sen perder o conxunto dirixido por Félix, e segue asentándose na parte alta da clasificación.
Pablo saca o córner, peina o defensa... [Foto: Santi Soneira] |
...e primeiro gol de Pablo co CD BAIO [Foto: Santi Soneira] |
Con esta vitoria o Baio mantense na terceira praza empatado co Cee, e a seis puntos do Esteirana. Agora espera o triple enfrontamento cos equipos do concello de Muros, comezando coa visita dos da capital muradá o vindeiro domingo.
Polo CD BAIO xogaron: Anxo, José Antonio, Chema, Mario, Fredi, Pablo (Eloy Lema 66'), Norberto, Eloy Vilas (Christian 83'), Rubio (Alberto 59'), Martín (Jorge 77'), Martín MC.
Goles: 0-1 Pablo (14'), 0-2 Rubio (53').
XUVENÍS/CADETES/INFANTÍS
Suspendidos todos os partidos das categoría base do CD BAIO previstos para esta fin de semana a causa do temporal. Na mañá do sábado acordouse suspender os partidos de categoría xuvenil CD BAIO - OUTES FC e infantil UC CEE - CD BAIO. Mentres tanto os cadetes acudiron á Rocheira para enfrontárense ao CORISTANCO, pero unha vez alí ambos os dous equipos e mais o árbitro viron que non se daban as condicións para a celebración do partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario