C. D. BAIO 1 - SP. ZAS 1
Na chuviñenta tarde dominical tiña lugar no Platas Reinoso o derby municipal entre dous equipos que viñan mostrando unha boa racha de resultados, e que chegaban en forma a este primeiro partido da segunda volta da liga. A pesar do tempo excelente afluencia de xente e enorme expectación nas bancadas, con numeroso público desexoso de ver un bo espectáculo, pero como acontece neste tipo de partidos ao final houbo máis emoción que xogo.
Once inicial do Baio no derby [Foto: Santi Díaz] |
Moito público no Platas Reinoso [Foto: Santi Díaz] |
Con este empate leva xa o Baio dez xornadas sen perder, consolidándose nos postos altos da clasificación. Neste momento é terceiro, empatado a puntos co segundo, Cee, e a seis puntos do líder Esteirana. A próxima semana, toca visita ao sempre difícil Mazaricos, que no seu campo de herba natural ha de poñernos as cousas complicadas. O importante agora é ir partido a partido, e ir sumando segundo se poida.
Polo CD BAIO xogaron: Anxo, José Antonio, Chema, Mario, Pablo, Yago, Martín, Eloy Vilas (Fredi 87'), Rubio (Jorge 68'), Martín MC, Alberto (Christian 82').
Goles: 1-0 Eloy Vilas (60'), 1-1 Víctor Vecino (89').
XUVENIL: S. D. CORISTANCO 0 - C. D. BAIO 6
Na mañá do sábado xogou o CD BAIO o último partido da primeira fase da liga xuvenil, un encontro no que ningún dos dous se xogaba nada, pois ambos os dous quedaron fóra da posibilidade de loitar polo título costeiro. Así e todo os xuvenís baieses quixeron despedirse con bo sabor de boca e fixeron un moi bo partido, pasando por riba do Coristanco, que apenas presentou batalla ao principio do encontro. Un gol de Lucas e outro de Christian, puxeron o 0-2 co que se chegou ao descanso. Logo, na reanudación os baieses incrementaron o seu dominio e chegaron ao final á media ducia, grazas a cadanseus pares de goles, da parella atacante, Santi Díaz e Christian, completando este un novo hat-trick.
Con este resultado, o Baio queda clasificado na cuarta praza deste grupo 4º, e queda á espera do que aconteza na Copa da Costa, competición que terá este luns o seu sorteo.
Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Marcos (Hío 63'), Xoel, David, Pablo, Fachal, Kevin (Carlos 48'), Lucas, Anxo (Oreiro 57'), Christian, Santi Díaz.
Goles: Christian (3), Santi Díaz (2), Lucas.
CADETE: C. D. BAIO 1 - MUROS S. D. 4
Tamén na mañá do sábado xogaban os cadetes que dirixe Dani fronte a un Muros que ocupaba unha das últimas prazas, pero que non tivo moitos problemas para levar os tres puntos do Platas Reinoso. A pesar de adiantarse no marcador por medio de Estefan, os cadetes baieses vían como lles remontaban e incluso goleaban xa na primeira parte. Co marcador de 1-4 chegábase ao descanso e ese sería o resultado final. Malas sensacións están dando os rapaces nestes últimos partidos tras un comezo esperanzador, colleitando derrotas avultadas. Esperemos que sexan capaces de endereitar esta situación e volver á senda do bo xogo, que o que lles deu os bos resultados.
Polo CD BAIO xogaron: Alberto, Alejandra, Alfonso, Andrea, Javi Muíño, Fran, Pedro, Estefan, José Figueiras, Samuel, Cristian. Na segunda parte entraron Miguel, José Antonio, Javi e Santi.
INFANTIL: C. D. BAIO 0 - XALLAS DE SANTA COMBA C. F. 8
Como un ciclón pasou o equipo xalleiro polo Platas Reinoso e venceu con solvencia a un CD BAIO, que se mostrou debilitado pola ausencia do seu central Carlos e pola lesión tempraneira do capitán Sergio. Con todo, foi moi superior e demostrou o porqué da súa clasificación.
Polo CD BAIO xogaron: Julián (Cedrón 60'), Fran, Víctor, Queiro, Suárez (Manuel Mª 48'), Álex, Eloy, Iago (Dani 65'), Sergio (Ariel 14'), Anxo, Éver (Antía 63').
No hay comentarios:
Publicar un comentario