C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

15 ene 2013

CALENDARIO COPA DA COSTA XUVENIL

Na noite do luns celebrouse en Baio o sorteo da fase previa da Copa da Costa Xuvenil. Ao final participarán nesta fase un total de 12 equipos, toda vez que tanto o Corcubión como o Sp. Zas declinaron presentarse. Encadrados en dous grupos de seis equipos, xogarán en sistema de liga a dobre volta, clasificándose para a seguinte rolda os cinco primeiros de cada grupo. Estes dez equipos e mais os seis que van disputar a segunda fase da Liga da Costa, entrarán no bombo para configurar as eliminatorias de oitavos de final, que se disputarán logo da Semana Santa. A final celebrarase a partido único o 18 de maio.

Os equipos quedaron encadrados do seguinte xeito: 

- GRUPO 1º: MUROS SD, CAMARIÑAS FC, CD BAIO, OUTES FC, MUXÍA CF e LAXE SD.

- GRUPO 2º: MAZARICOS CF, SONEIRA SD, CORISTANCO SD, SCD ESTEIRANA, UC CEE e CORME CF.

Unha vez coñecida a composición dos grupos, o calendario do Grupo 1º quedou así:

Xornada 01 (19-01) / Xornada 06 (23-02)
MUROS SD - CAMARIÑAS FC
CD BAIO - OUTES FC
MUXÍA CF - LAXE SD

Xornada 02 (26-01) / Xornada 07 (02-03)
CAMARIÑAS FC - MUXÍA CF
OUTES FC - MUROS SD
LAXE SD - CD BAIO

Xornada 03 (02-02) / Xornada 08 (09-03)
CAMARIÑAS FC - OUTES FC
MUROS SD - LAXE SD
MUXÍA CF - CD BAIO

Xornada 04 (09-02) / Xornada 09 (16-03)
MUXÍA CF - OUTES FC
LAXE SD - CAMARIÑAS FC
CD BAIO - MUROS SD

Xornada 05 (16-02) / Xornada 10 (23-03)
OUTES FC - LAXE SD
CAMARIÑAS FC - CD BAIO
MUROS SD - MUXÍA CF

No hay comentarios:

Publicar un comentario