|
Foto de familia de Álex con moitos dos asistentes ao acto [Foto: Santi Díaz] |
Continuando coas "Xornadas de Formación" que está organizando o C. D. BAIO, chegaba na noitiña deste luns a Baio o xogador do R. C. Deportivo da Coruña, ÁLEX BERGANTIÑOS. Concienciados como está a directiva baiesa co traballo da canteira e da importancia do fútbol-base, invitou ao xogador coruñés a participar nestas Xornadas para que lles explicase aos xogadores de todas as categorías do CD BAIO cal fora a súa experiencia desde que empezou a xogar ao fútbol ata o día de hoxe, no que é un xogador de Primeira División.
Ante un auditorio dunhas centocincuenta persoas, entre xogadores (desde o primeiro equipo ata pre-benxamíns), directivos e pais de xogadores, comezou o acto o presidente do CD BAIO, Diego Díaz, agradecéndolle a Álex a súa presenza nestas xornadas, e instou aos xogadores baieses que se fixasen nel como exemplo de loita e sacrificio no fútbol. Acto seguido, o adestrador dos infantís baieses, José Manuel Pastoriza, organizador destas Xornadas xunto coa Xunta Directiva, presentou a Álex Bergantiños cun pequeno vídeo que recollía a súa traxectoria como futbolista. Completaba a mesa o baiés Pablo Domínguez, actual xogador das Pontes, e que fora compañeiro de Álex no Imperátor Cadete.
Acto seguido fixo uso da palabra o invitado estrela destas xornadas. Comezou agradecendo a invitación a estas terras, que lembraba de xogar precisamente un partido de categoría cadete, do que gardaba malos recordos, pois no Platas Reinoso sufrira unha grave lesión que o apartou dos terreos de xogo moitos meses. Seguidamente fixo unha rápida semblanza da súa traxectoria futbolística, subliñando a importancia de marcarse pequenas metas para ir progresando día a día, e invitou a todos os xogadores alí presentes que fixesen o mesmo, que buscasen pequenos retos para ir superándose. A continuación abriuse un amplo turno de preguntas por parte dos xogadores baieses, moitas delas comprometidas para Álex, que foi capeando como puido. Evidentemente, a chegada do novo adestrador e o Balón de Ouro foron os temas estrela.
Antes de pasar ao desexado apartado de firma de autógrafos e fotos, procedeuse ao sorteo de dúas camisetas asinadas por Álex entre os xogadores do CD BAIO; unha do Deportivo (co nº e nome de Álex) e outra do CD Baio. A afortunada da primeira foi a benxamina Daniela Souto e a da segunda foi o alevín Adrián Oreiro. Tras case dúas horas deuse por concluído o acto cunha foto de familia (dos que xa quedaban alí, claro).
A Xunta Directiva do CD BAIO quere agradecerlle a ÁLEX BERGANTIÑOS toda a amabilidade que demostrou con nós e, sobre todo, cos rapaces na realización deste acto.
E agora podedes observar unha serie de fotos do noso fotógrafo Santi Díaz (pica nela se non te ves):
|
Diego Díaz, Álex B., J.M. Pastoriza e Pablo Domínguez |
|
Nova imaxe da mesa |
|
¿Presentación de Álex como novo xogador do Baio? | |
|
|
Álex ao fondo entre o moito pública asistente |
|
Asinando a súa camiseta antes do sorteo |
|
O presidente e Álex |
|
Con Adrián e Dani, gañadores do sorteo |
|
Asinando autógraros sen parar |
|
Sen perder nunca o sorriso |
|
Álex con moitos xogadores do CD BAIO |
|
Cos pre-benxamíns María, Adri, Yago, Hugo, Yago e o adestrador Fredi |
|
Cos infantís Cedrón, Manuel Mª, Eloy e Víctor |
|
Cos xuvenís Pablo, Santi, Carlos e Alberto |
|
Con directivos, adestradores e xogadores do CD BAIO |
|
Asinando a camiseta do CD BAIO para o Museo do club |
|
Reencontro co Pablo D. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario