A
Historia
C.D.
BAIO
|
TOTAL
LIGAS + COPAS
|
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1794
|
692
|
417
|
685
|
2941
|
2985
|
TOTAL
LIGAS
|
1570
|
600
|
361
|
609
|
2504
|
2618
|
LIGA
DA COSTA
|
808
|
318
|
156
|
334
|
1472
|
1545
|
|
Última visita do Baio á Ponte do Porto na 2010-11 |
O
CD Porteño foi un dos oito fundadores da Liga da Costa na primavera
de 1964, e desde aquel momento ata a actualidade participou en 36
temporadas, con cambio de denominación incluído, ao substituír o
CD por CF. Nestes 53 anos deixou de participar durante dous períodos
importantes, entre a temporada 65-66 e a 68-69 e entre a 83-84 e a
96-97. Esas 36 campañas supoñen que sexa o 20º dos clubs costeiros
(empatado con Outes e Nantón), aínda que se nos atemos ao número
de partidos xogados figura no posto 25º. Das 36 temporadas, 11 foron
na 3ª Rexional/Autonómica e as outras 25 na Liga da Costa. Neste
sentido, as campañas na liga costeira supoñen que ocupe o posto 16º
(empatado cos veciños Soneira e Camariñas), pero por partidos
xogados o seu lugar sobe á 22ª posición. O seu maior éxito veu na
temporada 72-73, na que gañou a Copa da Costa ao imporse ao Carnota
na final. Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento
actual:
C.F.
PORTEÑO
|
TOTAL
LIGAS
|
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
918
|
323
|
178
|
417
|
1634
|
2025
|
LIGA
DA COSTA
|
634
|
181
|
124
|
329
|
1029
|
1546
|
Desas
36 temporadas que leva disputadas o Porteño, coincidiu en 16 co CD
Baio, todas elas na Liga da Costa. O primeiro enfrontamento veu na
temporada inaugural, o 17 de maio de 1964, no Balsiño, e os porteños
impuxéronse por 1-2. Polo mesmo resultado gañaron os da Ponte no
primeiro encontro xogado na Grixa, o 5 de xullo de 1964. Foron dúas
das tres vitorias que sumara esta temporada o Porteño, que acabou
levando o farol vermello.
Nas
dúas primeiras temporadas o Porteño gañou todos os enfrontamentos
co Baio, producíndose despois un impás de catro anos pola
desaparición do club camariñán. Unha vez retornado na 69-70, e
durante as seguintes once campañas coincidiron os dous clubs en dez
delas (a excepción foi a 78-79, na que o Porteño estivo no Grupo
Sur da Costa). Nelas o Porteño gañou todos os seus partidos como
local menos dous: vitoria baiesa na 69-70 (1-2) e empate na 79-80
(0-0); e desas derrotas varias foron por goleada: 7-1, 6-1 e un par
de 5-0. E nos xogados no Balsiño o Baio gañou 4 e o Porteño 2, e
empataron nos 4 restantes.
|
Aspecto do campo da Grixa. [Foto: FB Ponteceso] |
Desde
esa 79-80 houbo 27 temporadas nas que non coincidiron os dous clubs,
ben por estar en categorías superiores o cadro baiés, ben pola nova
desaparición dos
porteños.
Desde a 07-08 foron catro
campañas nas que os dous participaron na Liga da Costa, e dos oito
enfrontamentos o Baio só gañou un, empatou cinco e perdeu dous.
Estas dúas derrotas foron na Grixa, igual que dous dos empates. O
último enfrontamento no campo da Ponte do Porto foi na 2ª volta da
temporada 10-11, e rematou con empate (1-1). Nel
xogaron polo Porteño:
Asiel, Manuel, Roi (Piti 80’), Martín, Rubén, Quilmes, Brais,
Ismael, Sestayo (Astu 70’), Iago (Wii 85’) e Varela (Óscar 75’).
E polo Baio:
Manuel, Matías, Mario, Ramón, Eloy, Martín, Pirucho, Fachal (Jorge
60’), Alberto, Canay (Bieito 73’) e
Martín MC. O
gol baiés fora obra de Martín.
As
estatísticas son, polo tanto, moi favorables ao Porteño, que gañou
a metade dos partidos xogados entre eles, e dobra aos baieses en
goles marcados; e moito máis favorables son a dos encontros
disputados na Grixa, onde o Baio só puntuou en catro ocasións. E da
última e única vitoria xa choveu, pois pasaron máis de 46 anos,
desde que o 14 de xuño de 1970 se impuxese por 1-2.
Enfrontamentos
Totais Liga
|
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
32
|
06
|
10
|
16
|
35
|
70
|
Xogados
na Ponte do Porto
|
16
|
01
|
03
|
12
|
13
|
49
|
O
partido do domingo
Tras
esta semana copeira, volve o domingo a Liga da Costa coa visita ao
campo da Grixa, no que nos recibirá un Porteño que se mostra capaz
do mellor e do peor no que levamos de campionato. Tras a súa
salvación a temporada pasada grazas ao ascenso do Sp. Zas na
promoción, o equipo sufriu un cambio coa chegada dun novo
adestrador, Javier Baña, desde Camariñas, e con varias baixas no
plantel. Subiron algúns xogadores desde o xuvenil, e recuperáronse
xogadores que non xogaran a pasada campaña. As últimas
incorporacións viñeron a comezos de novembro, coas fichaxes de Roi
Carril (Club do Mar) e Rodrigo (Camariñas). Mestura un amplo grupo
de xente nova, con algúns veteranos, como o xogador da canteira
baiesa Mario Toja.
|
O Porteño no partido co Ponteceso [Foto: FB Ponteceso] |
Ata
22 xogadores participaron co club porteño na presente temporada, con
seis deles practicamente insubstituíbles, como son o porteiro
Martín, xunto con Pejo, Marcos, Adrián, Jorge e Quilmes. Tamén
podiamos incluír neste grupo a Cachi, que só faltou a tres
encontros. Para os outros postos hai moitos candidatos: Piti, Porto,
Cousillas, Pepe Wii, Mario Toja, Manuel ou o xuvenil Manoliño. E,
claro está, nas cinco últimas xornadas foron da partida as dúas
recentes fichaxes. Do banco, adoitan saír Adrián García, Castro ou
Xoel.
Na
actualidade figura na 11ª posición, con 16 puntos, dos que nove
foron feitos na casa: dúas vitorias (Coristanco e Baíñas), tres
empates (Corme, Cerqueda e Ponteceso) e dúas derrotas (Castriz e
Mazaricos). Cómpre destacar o feito de que conseguiu igualar con
equipos do potencial do Corme e do Ponteceso, e mesmo aos primeiros
estivo a piques de gañarlles (marcara o Corme dous goles no
desconto). Os goles están repartidos, pois levan 4 goles Jorge, Piti
e Cachi; e con 3 están Marcos e Porto. En total marcou 24 goles,
unha boa cifra, pero encaixou un total de 35, o que o converten nun
dos máis goleados. Con todo, leva dúas xornadas sen perder (tres
contando a Copa), e vén de gañar na Pedra Queimada ao Malpica
(0-2), polo que está con moita moral para sacar algo positivo fronte
ao Baio.
O
conxunto baiés vén de dúas vitorias traballadas no Platas Reinoso,
tanto na Liga co Corcubión como na Copa co Corme, e non pode
confiarse na súa visita a un campo que nunca se lle deu ben. A ver
se pouco a pouco se van recuperando os lesionados, e coa
incorporación de Bieito, a competencia por un posto no once
incrementa o nivel de cada xogador.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
C.F.
PORTEÑO – C.D. BAIO
Domingo
11 de decembro; 16:00 h.
Saída
de Baio ás 14:15 horas.
Campo:
A Grixa (A Ponte do Porto).
Árbitro:
Iago Varela Rodríguez.
XUVENIL:
C.F. PEDREIRAS XUVENIL – C.D. BAIO
Tras
dúas xornadas xogando como local, o equipo xuvenil do CD Baio
desprazarase na mañá do sábado a terras berdillesas para
enfrontarse ao Pedreiras Xuvenil, equipo pertencente oficiosamente ao
San Lorenzo. O conxunto berdillés figura na actualidade como líder
do grupo, cun só punto de vantaxe sobre o Ponteceso e catro sobre o
Coristanco. A súa vantaxe sobre o cuarto, o Corme, é de dez puntos,
polo que esta fin de semana pode certificar a súa presenza na
segunda fase da liga. Tan só unha derrota no que vai de liga e dous
empates, baseando o seu éxito no seu aspecto defensivo, pois só
encaixou 15 goles, non sendo o que máis marca, pois os 42 están por
debaixo dos realizados polos seus rivais polo título. O dianteiro
Brais, con 16, e Álex con 8, son os seus máximos goleadores. Leva
catro vitorias consecutivas despois de perder en Coristanco e empatar
co Zas, e quererá certificar a súa clasificación este sábado.
Pero para iso terá que superar ao Baio, que sumou un punto menos que
os berdilleses nas últimas seis xornadas, que o asomaron ao grupo
perseguidor dos tres cabeceiros, encontrándose ademais coa difícil
tarefa do gol, co que estaban reñidos nas primeiras xornadas.
Na
primeira volta, o equipo berdillés impúxose con claridade no
marcador (0-4), pero foi un partido máis igualado que o que reflicte
o resultado final e en boa parte do encontro os baieses puxéranlles
as cousas moi complicadas aos seus opoñentes. Agardemos que co visto
nas últimas semanas saiba plantarlle cara e traer algo positivo das
Pedreiras.
XUVENIL
(1ª Autonómica – Grupo 3º)
C.F.
PEDREIRAS XUVENIL – C.D. BAIO
Sábado
10 de decembro; 12:00 horas
Saída
de Baio ás 10:30 horas.
Campo:
As Pedreiras (Berdillo).
Árbitro:
Miguel Antonio González Rey.