A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS + COPAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1792
|
690
|
417
|
685
|
2932
|
2981
|
TOTAL
LIGAS
|
|||||
1569
|
599
|
361
|
609
|
2500
|
2616
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
807
|
317
|
156
|
334
|
1468
|
1543
|
Última visita do Corcubión ao Platas Reinoso na 12-13 |
Fundada
en 1972, a UD Corcubión vén participando ininterrompidamente 45
temporadas, co que ocupa o posto 8º entre os clubs costeiros neste
aspecto, mais por partidos xogados é 9º. Chegou a disputar 3
temporadas na Rexional Preferente, 4 na 1ª Rexional provincial, 12
na 3ª Rexional/Autonómica e as outras 26 foron na Liga da Costa.
Neste sentido é 13º en canto a temporadas xogadas, mentres que se
nos atemos aos partidos disputados baixa ao 16º posto. Os seus
maiores éxitos viñeron na década de 1980, nos primeiros anos co
ascenso ata a Preferente, e nos últimos cos primeiros títulos: na
87-88 gañou a Copa da Costa, e na 88-89 veu o dobrete ao proclamarse
campión da Liga e da Copa da Costa. Despois virían dous títulos
máis da 3ª Rexional, nas temporadas 99-00 e 02-03. Ademais das dúas
Copas da Costa gañadas ante o Laxe, perdeu outras dúas finais (na
78-79 e 79-80, ante Fisterra e Cee, respectivamente). Estas son as
súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:
U.D.
CORCUBIÓN
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1283
|
483
|
245
|
554
|
2176
|
2367
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
705
|
230
|
137
|
338
|
1117
|
1432
|
Nesas
45 temporadas que disputou o Corcubión, tan só en 11 coincidiu co
CD Baio. Dez delas foron na Liga da Costa e a outra na 1ª Rexional
provincial. O primeiro enfrontamento foi ademais o primeiro partido
oficial do Corcubión, pois coincidiu na 1ª xornada da temporada
72-73. Tivo lugar no campo do Balsiño o 21 de xaneiro de 1973, e
acabou con vitoria baiesa por 4-0.
Nas
cinco primeiras campañas do Corcubión os dous estiveron na Liga da
Costa, nas que os corcubioneses gañaron todos os partidos como
locais, mentres que os disputados en Baio estiveron máis igualados
(dúas vitorias para cada un, e un empate). Habería que saltar ata a
83-84 para que coincidisen de novo, neste caso na 1ª Rexional
provincial, e nela o Baio goleou na casa e empatou fóra. De novo un
salto ata a 89-90, na Liga da Costa, con vitoria baiesa nos dous
encontros; e na seguinte vez, na 93-94, o Baio empatou na casa e
gañou fóra.
Quince
anos seguidos sen coincidir ata a 08-09, na que o Baio gañou no
Platas Reinoso e goleou no Novo Cubaleiro; pequeno salto ata a 11-12,
con vitoria dos locais nos respectivos partidos e a última vez foi
na 12-13. Nesta, Baio e Corcubión empataron no Platas Reinoso (1-1)
e na segunda volta golearían os baieses en Corcubión (1-4). Nese
último encontro xogado en Baio xogaron polo equipo baiés: Anxo,
Mario, Chema, Ramón (Fredi 77’), Pablo, Yago, Martín, Eloy Vilas
(Fachal 73’), Jorge (Christian 52’), Martín MC e Alberto;
mentres que polos corcubioneses xogaron: Abelleira, Paulo, Senra,
Lema, Conguito (Vale 68’), Sebas (Miguel 83’), Pablo Lestón,
David (Jonnie 45’), Alán, David Lourido e Javi (Edu 45’).
Polo
tanto, as estatísticas xerais son lixeiramente favorables ao Baio,
sobre todo na segunda metade, pois dos últimos doce partidos xogados
o Corcubión gañou un e empatou tres. En canto aos xogados en Baio o
club local mantén unha superioridade non moi ampla, pois os
corcubioneses lograron puntuar en cinco das once visitas, aínda que
en canto a goles a vantaxe é clara. Como vimos, o Corcubión empatou
na última vez que xogou en Baio, pero para falar da última e única
vitoria temos que remontarnos á temporada 76-77 (0-2).
Enfrontamentos
Totais Liga
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
22
|
10
|
05
|
07
|
39
|
26
|
Xogados
en Baio
|
|||||
11
|
06
|
04
|
01
|
22
|
07
|
O
partido do domingo
O
domingo chega un Corcubión cun comportamento un tanto irregular,
pero que compite en todos e cada un dos encontros, pois só en dúas
ocasións perdeu por máis de dous goles de diferenza. Cunha proposta
dun fútbol atractivo, nótase a man do seu adestrador, Emilio
Corzón, coñecido da afección baiesa pois pasou por todos os
equipos de base do CD Baio. Tras o ascenso da temporada pasada, este
ano presenta un plantel moi similar. As principais novidades veñen
do Ameixenda, do que chegaron Antón Lestón, Nes e Antón Trillo.
Once do Corcubión no Pinguel [FB Ponteceso] |
Utilizou
Emilio ata o momento 25 xogadores, mais uns oito parecen sempre fixos
na titularidade. Na portería Abelleira apenas lle deixa
oportunidades a Beto, mentres que Gabri, Tito, Pablo e Iago Lema son
insubstituíbles; a canda eles, Antón Lestón, Toja, Nes, Sebas e
Adrián Ozón figuran a cotío no once inicial. Mario Suárez e Alán
pelexan por entrar nese once, mentres que o dianteiro Rodrigo adoita
ser o primeiro cambio ofensivo. Mario Atán, José Mª Senra ou
Samuel Rama tamén figuran entre os futbolistas con opcións a ser
titulares.
O
Corcubión figura na 14ª posición, con 12 puntos, no medio dese
grupo dos nove últimos que se move nese ratio de tres puntos que hai
entre o 10º e o último. Os puntos viñeron de catro vitorias, pois
non empatou ningún partido, sumou 20 goles a favor e encaixou 31, o
que o converte no 3º equipo máis goleado. Os triunfos viñeron
repartidos como locais (ante Cee e Porteño) e como visitantes (co
Coristanco e Baíñas). O seu máximo goleador é Nes, con 6 goles,
seguido de Toja, con 4, e Antón Lestón e Rodrigo levan 3. Vén o
equipo de tres derrotas seguidas, ante San Lorenzo, en Ponteceso e a
goleada ante o Malpica, no que foi o peor partido dos corcubioneses.
Non
pode fiarse o Baio pois veñen tocados no orgullo despois desa dura
derrota, e debe manter a intensidade do partido vivido en Corme, no
que se escapou a vitoria nos minutos finais. E tamén debe centrarse
nesta competición, pois a proximidade da Copa da Costa pode desviar
a atención dun encontro importante para seguir na parte alta da
clasificación.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
C.D.
BAIO – U.D. CORCUBIÓN
Domingo
4 de decembro; 16:00 h.
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
Ángel Acuña Piñeiro.
XUVENIL:
C.D. BAIO – S.D. LAXE
Por
segunda semana consecutiva xoga o equipo xuvenil do CD Baio como
locatario, e nesta ocasión visita o Platas Reinoso o Laxe, despois
do excelente partido do pasado sábado ante os seus veciños de ría,
o Corme. E, como no caso dos maiores, no debe fiarse o equipo baiés
da clasificación do seu rival, pois xa na primeira volta puxo en
apuros aos rapaces de Roberto.
O
Laxe é penúltimo con só 6 puntos, mercede a dúas vitorias, e é o
equipo máis goleado do grupo, con máis de catro goles encaixados de
media por partido, e ten a Santi, con 5 goles, como o seu máximo
realizador. Perdeu os sete últimos partidos, a última pola mínima
ante o Sp. Zas (2-3), ao que lle fixo sufrir. Por iso non deben
confiarse os baieses e seguir na boa liña de xogo que mostraron nas
últimas semanas, que lles valeu encontrarse cos resultados
positivos. Verémolo este sábado en horario matinal.
XUVENIL
(1ª Autonómica – Grupo 3º)
C.D.
BAIO – S.D. LAXE
Sábado
3 de decembro; 12:00 horas
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Gonzalo Belmonte Martell.
No hay comentarios:
Publicar un comentario