A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS + COPAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1795
|
693
|
417
|
685
|
2942
|
2985
|
TOTAL
LIGAS
|
|||||
1571
|
601
|
361
|
609
|
2505
|
2618
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
809
|
319
|
156
|
334
|
1473
|
1545
|
Fundado
en 1980, a UD Cerqueda disputa coa actual a súa 18ª temporada. E é
que ese club nacido no inicio década oitenteira (na época de febre
futbolística na Costa, na que naceron moitos clubs: 16 entre 1979 e
1981, sen contar filiais) tivo dúas etapas na súa vida: unha
primeira que durou ata a 1985-86, e unha segunda que se iniciou na
2005-06 e que chega ata a actualidade. Esas temporadas colócano no
33º posto entre os clubs costeiros, pero se falamos de partidos
xogados cae unha posición para ser 34º. A maioría desas campañas
foron na 3ª Autonómica, un total de 11, mentres que na Liga da
Costa disputa coa actual a súa 7ª. Isto fai que sexa 36º en canto
a número de temporadas e 35º en partidos xogados na liga costeira
por antonomasia. Nas súas vitrinas atesoura un título oficial: a Liga da Terceira Autonómica 14-15. Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento
actual:
U.D.
CERQUEDA
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
509
|
209
|
101
|
199
|
822
|
753
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
197
|
68
|
42
|
87
|
307
|
334
|
Desas
18 temporadas que leva disputadas o Cerqueda, tan só coincidiu co
Baio en dúas delas. E foi nas dúas primeiras de existencia do club
malpicán e ambas as dúas foron na Liga da Costa. O primeiro tivo
lugar o 2 de novembro de 1980 e foi co Cerqueda como local, aínda
que a vitoria foi visitante (0-2). No partido da segunda volta,
disputado no Balsiño, foi o primeiro dos disputados en Baio e
rematou con empate (1-1). Na seguinte temporada o Baio gañou no
Balsiño (4-2), para empatar en terras malpicás (1-1). Polo tanto
unha vitoria e un empate dos baieses nos partidos disputados como
local, o mesmo que sucedeu como visitante.
Polo
tanto, as estatísticas amosan unha vantaxe clara a prol do Baio,
aínda que van alá 34 temporadas nas que non se enfrontan estes dous
clubs.
Enfrontamentos
Totais Liga
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
04
|
02
|
02
|
00
|
08
|
04
|
Xogados
en Baio
|
|||||
02
|
01
|
01
|
00
|
05
|
03
|
O
partido do domingo
O Cerqueda no Pinguel [Foto: FB Ponteceso] |
Despois
da vitoria pola mínima en terreo porteño, visita este domingo o
Platas Reinoso o Cerqueda, equipo que nunca disputou un partido neste
campo. Desde que volveu á competición na temporada 05-06, estivo na
3ª Autonómica ata que ascendeu na 14-15 á Liga da Costa. Disputa
agora a súa segunda campaña consecutiva nesta categoría. Coa
novidade de Raúl Periscal no banco, foron moitas as novidades que
tivo no seu plantel esta temporada. A maioría delas viñeron do
Larín (o veterano Míchel, Cristian ou o goleador Pablo López), do
veciño Buño chegaron os irmáns Dani e Iván Mato, e así ata as
recentes incorporacións de Mohamed e Cholo.
Ata
22 xogadores foron utilizados por Periscal na presente temporada,
aínda que só dous deles, os veteranos Lorenzo e Míchel
participaron en todos os encontros. Xunto a eles pódense considerar
titulares Martín Castro, Dani Mato, Pablo López, Sergio Mato ou
Dani García. Na portería Diego Dourado supera claramente a Richard,
mentres que Cristian Méndez tras arrancar a campaña como suplente
pouco a pouco foi entrando na titularidade; tamén parece afianzarse
no once Abdu, ao igual que as fichaxes recentes Mohamed e Cholo. Iván
Mato, lesionado, e Fran perderon un pouco o protagonismo, desde o
banco adoitan aparecer Jonas, Bastón ou Vieites, entre outros.
Na
actualidade figura na 9º posición, con 20 puntos, aínda que a súa
progresión vai claramente de máis a menos. Pois o Cerqueda estivo
no comezo da liga nas posicións altas, sendo incluso líder do
grupo, pero nas últimas sete xornadas non coñeceu a vitoria.
Comezou a liga con cinco triunfos en seis partidos, entre eles a
vitoria en Camariñas na xornada inaugural; pero tras a derrota en
Corme na xornada 7ª, veu o triunfo pola mínima co Corcubión e o
empate na Ponte do Porto. Foi goleado na casa polo Mazaricos e
empatou en Laxe para perder os últimos catro partidos, o último
deles no derby co Malpica a pasada xornada. Sumou sete puntos como
visitante, mercé a dúas vitorias (en Camariñas e Coristanco) e o
empate na Ponte. É o segundo equipo menos goleador, con 16 (só o
Cee marcou menos), pero tampouco encaixa moitos, pois suma en contra
25. Os seus goles están moi repartidos, pois os máximos goleadores
son Iván Mato e Cristian Méndez, con tres tantos; están con dous,
Lorenzo, Martín Castro e Míchel.
Non
pode confiarse o conxunto baiés da mala xeira do club cerquedense,
pois a pesar de perder nas últimas datas, sempre lles deu que facer
aos seus rivais, como o demostra o seu encontro no Pinguel co
Ponteceso.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
C.D.
BAIO – U.D. CERQUEDA
Domingo
18 de decembro; 16:00 h.
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
Marco García Vázquez.
XUVENIL:
C.D. BAIO – PONTECESO S.D.
Visita
na tarde do venres o Ponteceso o Platas Reinoso nunha nova xornada da
Liga da Costa Xuvenil, no seu Grupo Norte. E faino como aspirante a
conseguir o título, pois só o separa un punto do actual líder, o
Pedreiras Xuvenil, equipo que a semana pasada vencía, con máis
apuros dos que mostrou o marcador final, ao Baio. O equipo pontecesán
móstrase como un equipo consistente, que ten a Eloy na súa figura,
un rapaz que xa conta para o equipo sénior, ademais doutros no
centro do campo como Aday que lle dan un valor extra ao xogo do
Ponteceso. Enfronte terá un Baio que non lles poñerá as cousas
fáciles, pois vénse vendo partido tras partido que lle poden gañar
a calquera e non será unha excepción este venres.
No
encontro de ida, o Ponteceso sufriu para vencer por 2-1, pero non foi
xusto o resultado cos baieses pois mereceran, canto menos, colleitar
un empate daquel partido disputado tamén un venres.
XUVENIL
(1ª Autonómica – Grupo 3º)
C.D.
BAIO – PONTECESO S.D.
Venres
16 de decembro; 19:00 horas
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
Manuel Iglesias Bazarra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario