C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

24 mar 2017

PREVIA DO CD BAIO-SD CORISTANCO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1807
702
419
686
2970
2996
TOTAL LIGAS
1583
610
363
610
2533
2629
LIGA DA COSTA
821
328
158
335
1501
1556

Na xornada 28ª o CD Baio recibe no Platas Reinoso á SD Coristanco, club que non visitaba o campo baiés desde a temporada 93-94. O Coristanco fundouse en 1980, a canda outros moitos clubs creados nos finais dos setenta e inicio dos oitenta. Leva, polo tanto, 37 temporadas competindo de xeito ininterrompido. Esta marca sitúao no posto 17º entre os clubs costeiros, tanto en número de campañas (igualado con Corme e Lira), con en partidos xogados. Dese total, 17 delas foron na 3ª Rexional/Autonómica e as outras 20 na Liga da Costa; cifra esta que o coloca nesta categoría no posto 20º entre os clubs costeiros (empatado con Laxe e Monte Louro), pero baixa ata o 231 posto en número de partidos xogados. Nas súas vitrinas destaca a Copa da Costa conseguida ante o Camariñas na temporada 86-87, perdendo outra final na 82-83, precisamente ante o Baio. Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

S.D. CORISTANCO
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1049
421
230
398
1886
1708
LIGA DA COSTA
593
215
133
245
990
1041

Esta temporada é a 9ª que coinciden no mesmo grupo o Baio e o Coristanco, todas elas na Liga da Costa. Coincidiron nas tres primeiras temporadas de vida dos bergantiñáns, sendo o primeiro enfrontamento o 9 de novembro de 1980, no Balsiño, con triunfo visitante (0-1), mesmo resultado que se daría ao ano seguinte. Na 82-83, co Baio campión de liga, serían os locais os que gañasen por vez primeira no Balsiño (2-0). Tiveron que pasar sete temporadas para que volvesen cadrar, e fixérono durante cinco campañas consecutivas. Na 89-90 produciuse un empate (1-1), mentres que ao ano seguinte o Baio acabou goleando (5-1), vitoria axustada dos locais na seguinte temporada (3-2), para pasar a unha goleada dos coristanqueses na 92-93 (0-4). O último enfrontamento data, como dixemos da campaña 93-94, e nel o Baio gañou pola mínima (1-0). Polo tanto, aínda que as estatísticas xerais son favorables aos baieses, non o son tanto as dos partidos disputados en terreo soneirán, por canto o Coristanco foi quen de puntuar na metade das súas visitas.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
17
09
04
04
28
18
Xogados en Baio
08
04
01
03
12
10

O partido do domingo
O Coristanco figura na actualidade na 13ª posición, con 27 puntos, colleitados grazas a 7 vitorias e 6 empates, mentres que perdeu 14 encontros. Xogou 14 partidos como local e 13 como visitante, sumando 14 puntos na casa e 13 fóra; e a pesar da dificultade de xogar na Rocheira para os seus visitantes, o Coristanco perdeu máis partidos na súa casa que nos desprazamentos (8 por 6); isto é, puntuou en máis partidos fóra dos que perdeu. Leva marcados 43 goles e encaixou 61, o que dá mostra de que nin é un equipo moi goleador nin encaixa moitas goleadas. Os seus máximos goleadores son Jorge Lorenzo e Marcos Corral, con 8 goles, seguido de Gonzalo, con 5, e Magovi, con 4.
Once do Coristanco que venceu no Pinguel [FB Ponteceso]
Coa presenza no banco do ex-xogador baiés Alberto Pensado, ata 23 xogadores sénior participaron nas aliñacións do Coristanco, ademais dalgún xuvenil circunstancialmente, mais nesta segunda volta o adestrador bergantiñán está utilizando practicamente só 16 xogadores. Forman a base do equipo oito xogadores que son case fixos no once inicial: o porteiro Brais, e os xogadores de campo Álex Mato, Gustavo, Javi, Pazos, Iván, Jorge Lorenzo e Marcos Corral. As outras tres prazas repártenas entre Damián, Samu, Rubén Rial e Magovi, fundamentalmente. Desde o banco, adoitan saír Añón, Gonzalo, Sergio e Álvaro. O equipo coristanqués, en contra do sinalado máis arriba, vén de tres goleadas consecutivas: dúas colleitadas por el como local, con San Lorenzo (1-5) e Malpica (2-6), e outra protagonizada por el en Ponteceso (0-5). Esa irregularidade maniféstase na capacidade para sorprender aos equipos cabeceiros, como o fixo vencendo en Berdillo ou Ponteceso, ou empatando en Malpica e na casa co Corme.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
C.D. BAIO – S.D. CORISTANCO
Domingo 26 de marzo; 16:30 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Luis M. Insua Lago.

XUVENIL: C.D. BAIO – S.D. LAXE

Remata con este partido a liguiña previa da Copa da Costa Xuvenil, e faino cun partido entre dous dos conxuntos clasificados. O Laxe na 3ª posición e o Baio pode acabar de 1º se vence na tarde do sábado aos laxenses, toda vez que o outro partido do grupo xa se xogou a semana pasada (Camariñas-Sofán 1-3). Despois da derrota pola mínima en Sofán que lles permitiu aos baieses manter a golaveraxe favorable, teñen que rematar esta liguiña cunha vitoria que lles dea moral para as inminentes eliminatorias que van comezar xa para a vindeira semana (o martes será o sorteo). O Laxe leva dúas vitorias nos cinco partidos, e suma 19 goles -catro máis que os baieses- aínda que 16 deles marcáronos nos dous partidos co Camariñas; por 23 en contra. No partido xogado na primeira volta, o Baio saíu vencedor do Cabo da Area por 0-2.

COPA DA COSTA XUVENIL (GRUPO 2º)
C.D. BAIO – S.D. LAXE
Sábado 25 de marzo; 16:30 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Juan J. Espiñeira Vara.


No hay comentarios:

Publicar un comentario