C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

31 mar 2017

PREVIA DO UC CEE-CD BAIO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1808
703
419
686
2972
2996
TOTAL LIGAS
1584
611
363
610
2535
2629
LIGA DA COSTA
822
329
158
335
1503
1556

Na xornada 29ª o CD Baio visita no San Paio de Refoxos ao UC Cee, club que comparte cos baieses a fundación da Liga da Costa. Os ceenses son os segundos que máis temporadas levan competindo, 53, unha menos que o Baio, pois non participaron na temporada 75-76, aínda que por número de partidos xogados supéraos tamén o Fisterra. Desas 53 temporadas, 10 foron na Rexional Preferente, outras 10 na 1ª Rexional/Autonómica provincial ou semiprovincial e as restantes 33 na Liga da Costa. Este número fai que sexa o 5º nesta categoría (empatado co Baio), aínda que por partidos xogados sexa o 7º. O UC Cee é o club máis laureado da Costa, principiando polas Liga e Copa da Costa das dúas primeiras temporadas, que lle valeu o calificativo na prensa coruñesa de "acaparador Cee". Suma un total de 6 Ligas da Costa (63-64, 64-65, 79-80, 91-92, 00-01 e 06-07) e 7 Copas da Costa (63-64, 64-65, 77-78, 79-80, 91-92, 92-93, 06-07), sendo ademais finalista noutras dúas edicións (07-08 e 09-10). Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

U.C. CEE
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1562
721
302
539
2904
2382
LIGA DA COSTA
824
412
155
227
1852
1178

Esta temporada é a 26ª que coinciden no mesmo grupo o Baio e o Cee, seis delas na Preferente, outras dúas na 1ª Rexional provincial e as outras 19 na Liga da Costa. O primeiro enfrontamento tivo lugar o 24 de maio de 1964 no vello campo das Raíces con goleada local (6-1), resultado avultado que se repetiu nas dúas seguintes visitas. Conseguiu empatar o Baio (2-2) na 66-67, pero de novo o Cee gañou nas cinco seguintes, algunha tamén con goleada incluída. Volveu empatar na 72-73 o equipo baiés co mesmo resultado que a anterior, para perder pola mínima as dúas seguintes. Tras un ano sen competir o Cee, volveu cunha nova goleada antes de que pasasen oito anos sen enfrontarse. A seguinte vez que cadraron xa foi na Preferente, do ano 84-85, e o Cee gañou 1-0, resultado que se repetiu nas dúas seguintes visitas, nas 87-88 e 88-89, tamén na Preferente, novas vitorias locais (2-1 e 3-1, respectivamente). Na 90-91 volveron os dous para a Liga da Costa e o Baio logrou o seu primeiro triunfo en campo ceense, ademais por goleada (0-4). Tras catro campañas volveron cadrar na 1ª Rexional provincial, na que o Baio sería campión e o Cee subcampión, e no partido xogado en Cee empataran (1-1). Xa que logo, subiran os dous á Preferente, na que o Baio se impuxo de novo por clara diferenza (0-3). Houbo que agardar seis temporadas para que cadrasen de novo, na 1ª Rexional provincial da 01-02, con vitoria baiesa (0-1). As tres últimas foron xa na Liga da Costa, e nas tres gañou o equipo local, na 06-07 cun claro 3-0, na 07-08 con moitos goles (5-3) e na 12-13 de novo se deu un 3-0. Polo tanto, as estatísticas indican que os ceenses apenas deixan lugar á sorpresa no seu terreo, onde nunha gañou o Baio na Liga da Costa (si en categorías superiores), , e como no campo baiés están os números máis igualados, as xerais son bastante favorables aos ceenses.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
51
14
06
31
74
127
Xogados en Cee
25
03
03
19
28
73

O partido do domingo
O Cee figura na actualidade na 11ª posición, con 34 puntos, colleitados grazas a 9 vitorias e 7 empates, mentres que perdeu 12 encontros. Xogou 14 partidos como local e 14 como visitante, sumando 22 puntos na casa e 12 fóra. Leva marcados 38 goles, o que é a cuarta cifra máis baixa do grupo, e encaixou 48. O seu máximo goleador é Javi, con 6 goles, seguido con 5 por Martín, Leo, Juan o Vello e Uri.
Once do Cee contra o Ponteceso [Foto: FB Ponteceso]
Coa presenza no banco de Rafael Pais, son moitos os xogadores utilizados, varios deles xuvenís que fixeron acto de presenza nas convocatorias dos sénior. A base do equipo está formado polo meta Paulo, que xogou todos os minutos, Martín, Nico, Esteban, Juan o Vello e o xuvenil Chema. Tras a recente marcha de Julito ao Dumbría, o resto dos postos dispútanos Javi, Carlos Leis, Uri, Carlos, Aitor, Leo ou Noé, e do banco saen a cotío Álex Castro e Jorge Trillo. O equipo ceense ten certificada a permanencia, sobre todo despois da vitoria ante o Ponteceso de hai quince días, co que afronta con tranquilidade este final ligueiro, o que o converte nun equipo perigoso por canto lle pode gañar a calquera, coa súa mestura de xuventude e veteranía.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
U.C. CEE – C.D. BAIO
Domingo 2 de abril; 17:30 h.
Saída de Baio ás 15:45 horas.
Campo: San Paio de Refoxos (Xallas-Cee).
Árbitro: Diego Cedeira Méndez.


XUVENIL: C.D. BAIO – OUTES F.C.

Comezan as eliminatorias da Copa da Costa Xuvenil, e nos oitavos de final, xogados a partido único ao CD Baio correspondeulle no sorteo do pasado martes un duro rival, o Outes FC. O equipo outiense fora 3º no seu grupo na primeira fase da Liga, clasificándose polo tanto para a segunda fase. Nesta non estivo moi afortunado e acabou no último posto dos seis, perdendo os dez partidos disputados, o que non debe despistar sobre a calidade do equipo, pois ben sabemos que disputar a segunda fase non é tarefa doada. Teñen aos seus máximos goleadores en Adán, 19, e Simón, 14, no que vai de temporada. Pola súa parte, os baieses afrontan as eliminatorias despois de ter que xogar a liguiña previa, na que quedaron na primeira posición do seu grupo. Isto debe darlles moral para demostrar a súa valía ante un rival de tal nivel, para o que deben dar todo o fútbol que levan dentro, pois non hai volta de folla. O que gañe, pasa e continúa xogando.

COPA DA COSTA XUVENIL (OITAVOS)
C.D. BAIO – OUTES F.C.
Sábado 1 de abril; 17:00 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Juan Núñez Fiúza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario