C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

10 mar 2017

PREVIA DO CD BAIO-SD CASTRIZ


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1805
700
419
686
2964
2995
TOTAL LIGAS
1581
608
363
610
2527
2628
LIGA DA COSTA
819
326
158
335
1495
1555

Na xornada 26ª o CD Baio recibe no Platas Reinoso á SD Castriz, club que esta temporada cumpre 25 competindo na Costa. Este número fai que ocupe o posto 30º, tanto en número de temporadas disputadas, como en partidos xogados entre os clubs costeiros. Desas 25 campañas, tres foron na 3ª Rexional, 1 na 1ª Rexional provincial, e as outras 22 na Liga da Costa. Estas 22 temporadas fai que sexa o 20º club nesta categoría (empatado co Cabana), mesmo posto que ocupa se falamos de partidos xogados na Liga da Costa. Nas súas vitrinas figura 1 Liga da Costa (1999-2000); e na Copa da Costa chegou a dúas finais, que perdeu con Sp. Zas (05-06) e Soneira (10-11). Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

S.D. CASTRIZ
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
738
370
141
277
1286
1079
LIGA DA COSTA
662
332
134
246
1119
955

Esta temporada é a 10ª que coinciden no mesmo grupo o Baio e o Castriz, unha na 1ª Rexional e as outras nove na Liga da Costa. O seu primeiro enfrontamento foi na temporada 93-94, segunda campaña de historia dos xalleiros, e tanto en Baio como en Castriz a vitoria foi baiesa (4-0 no Platas Reinoso). Para o seguinte enfrontamento houbo que agardar á 2000-01, e foi na 1ª Rexional provincial, e de novo o Baio se impuxo nos dous encontros. Cando o Baio descendeu desa categoría, volveron cadrar, e foi na Liga da Costa 06-07 e a partir de aquí seis temporadas consecutivas máis. Nos encontros disputados no Platas Reinoso, o Baio venceu na 06-07, empatou na seguinte, e volveu vencer na 08-09. Na 09-10 foi a primeira vez que gañou o Castriz en Baio (0-1), mesmo resultado que se deu na 11-12; na 10-11 o Baio gañou pola mínima (1-0), e volveu gañar con apuros na última confrontación no campo baiés (2-1), na temporada 12-13. Nas estatísticas xerais o Baio gañou case que dous terzos dos enfrontamentos, mentres que xustamente son os dous terzos de vitorias nos partidos como local.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
19
11
02
06
31
21
Xogados en Baio
09
06
01
02
13
05

O partido do domingo
O Castriz figura na actualidade na 8ª posición, con 35 puntos, colleitados grazas a 10 vitorias e cinco empates, mentres que perdeu 10 encontros. Xogou 12 partidos como local e 13 como visitante, sumando 21 puntos na casa e 14 fóra; os puntos como local veñen de sete vitorias, mentres que os visitantes son de tres triunfos e cinco empates. Leva marcados 40 goles e encaixou 39. O seu máximo goleador é Pablo Landeira, con 8 goles, seguido de Adrián García, con 7, e Alberto Mata, con 5.
Once do Castriz no Pinguel [Foto: FB Ponteceso]
Coa presenza no banco de Mata, ex-xogador e ex-adestrador do CD Baio, ata 23 xogadores participaron nas aliñacións do Castriz. A base do equipo confórmana Álex Mourelle, que xogou todos os partidos, Steven, Nakata, Iván Pastoriza e Adrián García. Tamén son case sempre titulares Raúl e Carlos Paredes, mentres que tiveron moitas presenza Herrera na portería (aínda que tamén xogou moito David), Pablo Landeira, Chinda, Matías, Kevin, Alberto Mata e Martín. As recentes incorporacións de Luis Bardanca e Sebas fixéronse coa titularidade nos últimos partidos. O equipo xalleiro vén de gañarlle ao Malpica no seu campo, tras perder nas dúas xornadas anteriores, e amósase perigoso fóra do seu campo, onde só perdeu en cinco dos trece partidos.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
C.D. BAIO – S.D. CASTRIZ
Domingo 12 de marzo; 17:00 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Iván Miño Rojas.


XUVENIL: S.D. SOFÁN – C.D. BAIO

Novamente xogan os xuvenís un partido con horario estraño, neste caso na mañá do domingo, que é cando o CD Baio se despraza ata Sofán para enfrontarse ao equipo locatario na quinta e penúltima xornada da liguiña da Copa da Costa. O club baiés leva pleno de vitorias e visita un rival que só suma a derrota colleitada no Platas Reinoso, polo que está en xogo o primeiro posto da clasificación. As dimensións reducidas e a herba natural poden ser un hándicap para os baieses por non estaren afeitos mais esa non pode ser escusa para facer un bo partido e seguir na liña demostrada nesta liguiña. O Sofán é o máximo goleador do grupo, con 25 goles, o que supón unha media superior a seis goles por partido, e encaixou 9. Precisamente son 9 os goles que leva o máximo goleador, David Dourado, a pesar de que non xogou máis que tres partidos, mentres que Brais leva 4. Un equipo goleador que poñerá en apertos aos rapaces de Fredi, o que lles valerá para demostrar o seu potencial

COPA DA COSTA XUVENIL (GRUPO 2º)
S.D. SOFÁN – C.D. BAIO
Domingo 12 de marzo; 12:00 h.
Saída de Baio ás 10:30 horas.
Campo: O Carral (Sofán).
Árbitro: Yannick Juncal García.

No hay comentarios:

Publicar un comentario