C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

5 may 2017

PREVIA DO UD CERQUEDA-CD BAIO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1812
707
419
686
2987
2997
TOTAL LIGAS
1588
615
363
610
2550
2630
LIGA DA COSTA
826
333
158
335
1518
1557


Na xornada 33ª o CD Baio desprázase ata Buño para enfrontarse á UD Cerqueda, club fundado en 1980 como moitos outros clubs creados nos finais da década dos setenta e comezos dos oitenta. A súa vida deportiva divídese en dúas etapas: unha primeira que chegou ata a temporada 1985-86, e unha segunda que principiou na 2005-06 e que chega ata os nosos días. Polo tanto, son 18 as temporadas que leva disputadas, o que supón ser o 33º entre os clubs costeiros, tanto en temporadas competindo como en partidos xogados. Desas 18 temporadas 11 foron na 3ª Rexional/Autonómica e as outras 7 na Liga da Costa; este último dato colócao no posto 36º nesta categoría (igualado con Freixo e A Baña), mentres que por partidos xogados a súa posición é a 33ª. Nas súas vitrinas destaca a Liga da 3ª Autonómica conseguida na temporada 14-15. Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

U.D. CERQUEDA
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
526
216
105
205
846
780
LIGA DA COSTA
214
75
46
93
331
361

Esta temporada é a 3ª que coinciden no mesmo grupo o Baio e o Cerqueda, todas elas na Liga da Costa. O primeiro enfrontamento tivo lugar en terras malpicanas o 2 de novembro de 1980, con vitoria baiesa (0-2), no que foi o primeiro partido de liga, e polo tanto o primeiro partido oficial do Cerqueda. Esa mesma temporada no partido xogado en Baio o resultado fora de empate (1-1), quedando os dous equipos na zona media. Ao ano seguinte foi a última vez que o Baio visitou ao Cerqueda e o resultado foi de empate (1-1), vencendo na segunda volta o Baio na súa casa, nesta temporada na que o Cerqueda acabaría descendendo para a nova e experimental 3ª Rexional que se crearía na temporada seguinte. Polo tanto, as estatísticas indican certa superioridade por parte do CD Baio, que só gañou dous dos cinco partidos xogados, pero non perdeu ningún.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
05
02
03
00
08
04
Xogados en Cerqueda
02
01
01
00
03
01

O partido do domingo
O Cerqueda figura na actualidade na 7ª posición, con 45 puntos, colleitados grazas a 13 vitorias e 6 empates, con tamén 13 derrotas. Xogou 16 partidos como local e outros tantos como visitante, sumando 27 puntos na casa e 18 fóra. Marcou ata o momento 40 goles e encaixou 52, o que supón que sexa o segundo equipo menos goleador superando só ao Laxe, co dato curioso de ser, xunto co Mazaricos, os equipos que teñen máis puntos que goles neste grupo. Os máximos goleadores son Méndez, con 9 goles, e Iván Mato, con 8, quedando máis lonxe Lorenzo e Eloy Suárez, con 5.
Once do Cerqueda contra o Ponteceso [Foto: FB Ponteceso]
Coa presenza no banco de Raúl Periscal, empregou ata 24 xogadores, aínda que o equipo padeceu varias baixas ao longo da temporada. A base do equipo son dous veteranos como Míchel e Lorenzo, que practicamente o xogaron todo, e xunto a eles Dani García, Fran ou Diego Dourado na portería. Moitas titularidades teñen Méndez, Abdu, Iván Mato e Bastón; mentres que xogaron bastantes minutos Sergio Mato, Jonas, Uru, Dani Mato, Eloy Suárez, Cholo ou Richard, contando tamén coa súa última fichaxe, o centrocampista David Velo, un fixo nos dous últimos meses. O bo inicio de temporada deulle moita confianza a este equipo que se foi asentando na zona media alta, nese grupo perseguidor dos cinco de arriba que loitaron pola liga, e dos que non pasaron ningún tipo de apuros.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
U.D. CERQUEDA – C.D. BAIO
Domingo 7 de maio; 17:00 h.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: Xaviña (Buño).
Árbitro: Diego Lago Barros (Preferente).




No hay comentarios:

Publicar un comentario