A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS + COPAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1813
|
707
|
419
|
687
|
2987
|
2998
|
TOTAL
LIGAS
|
|||||
1589
|
615
|
363
|
611
|
2550
|
2631
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
827
|
333
|
158
|
336
|
1518
|
1558
|
Na
xornada 34ª e última desta temporada ligueira 16-17 o CD Baio
recibe no Platas Reinoso á SD Laxe, un dos clubs fundadores desta
competición, aínda que non competiu máis que en 38 temporadas.
Este dato colócao no posto 15º (empatado con Lira e San Lorenzo),
aínda que por partidos xogados sobe ata o posto 21º. Desas 38
temporadas 16 foron na 3ª Rexional/Autonómica, 2 na 1ª Rexional e
as outras 20 na Liga da Costa; este último dato colócao no posto
23º nesta categoría (igualado con Coristanco e Monte Louro),
mentres que por partidos xogados a súa posición é a 26ª. Nas súas
vitrinas figuran unha Liga da Costa (81-82) e outra da 3ª Autonómica
(15-16), pero onde destacou foi na Copa da Costa, da que ten 3
títulos (80-81, 83-84 e 90-91), ademais de perder outras tres finais
(87-88, 88-89 e 93-94). Estas son as súas estatísticas ligueiras
ata o momento actual:
S.D.
LAXE
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1007
|
375
|
182
|
450
|
1817
|
2072
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
535
|
195
|
90
|
250
|
935
|
1154
|
Esta
temporada é a 15ª que coinciden no mesmo grupo o Baio e o Laxe,
unha delas na 1ª Rexional semiprovincial e as demais na Liga da
Costa. O primeiro enfrontamento tivo lugar en terras laxenses, no
primeiro partido da Liga da Costa o 12 de abril de 1964, con vitoria
local (3-1), e o primeiro no Balsiño foi o 31 de maio de 1964, e
gañaron os locais (3-2). Tras 11 campañas sen competir, o Laxe
volveu na 74-75, temporada na que gañou o Baio o seu partido como
local (4-2). Nas seguintes seis temporadas o Laxe gañou sempre no
Balsiño (en cinco delas marcando tres goles), e curiosamente na
sétima, na que o Laxe foi campión, só puideron empatar (1-1). Logo
dun ano sen coincidir fixérono na 1ª Rexional semiprovincial, e
aquí a vitoria foi baiesa pola mínima (2-1). Non cadraron de novo
ata sete temporadas despois, na 90-91, con empate sen goles xa no
Platas Reinoso. As seguintes tres temporadas o resultado en campo
baiés foi o mesmo: 3-0, e desde a última desta, a 93-94 o Laxe no
visitaba o campo baiés. Xa que logo, 23 campañas despois volven
encontrarse no mesmo grupo competicional da Liga da Costa. As
estatísticas están tremendamente igualadas, pois o Baio e o Laxe
gañaron o mesmo número de partidos, e só o Baio supera por un gol
aos laxenses. A superioridade baiesa amosouse nos primeiros e nos
últimos enfrontamentos, e a do Laxe foi no final da década dos
setenta. En canto ás estatísticas xerais tamén están moi
igualadas, só desnivelada polo partido da primeira volta da
temporada actual.
Enfrontamentos
Totais Liga
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
29
|
13
|
04
|
12
|
59
|
55
|
Xogados
en Baio
|
|||||
14
|
06
|
02
|
06
|
24
|
23
|
O
partido do domingo
O
Laxe figura na actualidade na 18ª e última posición, con 17
puntos, colleitados grazas a 3 vitorias e 8 empates, con 22 derrotas.
Xogou 17 partidos como local e 16 como visitante, sumando 8 puntos na
casa e 9 fóra. Marcou un total de 39 goles, a cifra máis baixa dos
equipos do grupo, e encaixou 112, o que supón que sexa o equipo máis
goleado. Os máximos goleadores son Saleta e o xuvenil Santi Casas,
con 6 goles, seguidos de Felipe, Miguel Varela e Zurich, con 4.
Once do Laxe no Pinguel [Foto. FB Ponteceso] |
Con
tres adestradores no que vai de temporada, na actualidade faise cargo
do equipo Bruno Pérez. Ata 24 foron os sénior que xogaron ao longo
da temporada, e tamén foron varios os xuvenís que tiveron minutos
co primeiro equipo. A base do equipo na actualidade confórmano
Borja, Saleta, Gora, Iván Bras, Aarón e Pablo, con Jacobo na
portería. Menos titularidades tiveron Esmorís, Felipe, Alessandro,
Jacinto ou o xuvenil Santi Casas. Alternaron a presenza no once co
banco, Martín, Santi, Pedro, Carrabete, Miguel Varela, Rafa e os
xuvenís Cousillas ou Bieito. O equipo laxense, xa farol vermello da
liga, acumula 11 derrotas consecutivas, sumando só seis puntos nesta
2ª volta, o que demostra que tras un primeiro de tramo no que
intentou sen éxito de saír de postos de descenso, deixouse ir neste
remate ligueiro con vistas á próxima campaña na 3ª, dándolle
entrada a moitos xuvenís.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
C.D.
BAIO – S.D. LAXE
Domingo
14 de maio; 17:30 h.
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
Samuel Pardo Pose.
No hay comentarios:
Publicar un comentario