Christian non xogaba desde a x.2ª |
Pouco
público se deu cita no campo de Xaviña para presenciar o partido da
penúltima xornada da Liga da Costa que xa celebrou o cadro baiés a
semana pasada. Tarde calorosa e ambiente de partido con pouco en xogo
que lle permitiu ao adestrador visitante dar entrada a varios dos
xogadores menos habituais, entre eles o dianteiro Christian, que por
motivos laborais non xogaba desde o mes de setembro. Como é preceptivo antes do encontro a UD Cerqueda fixo o típico "pasillo" ao CD Baio polo título ligueiro.
Principiou
máis enchufado o cadro local, polo menos nas xogadas á beira da
área. O Baio tiña a posesión do balón pero non conseguía
inquietar a meta cerquedense, e en cambio, os locais si que asustaban
cada vez que se achegaban pola portería de Recarey. A primeira
ocasión chegou nas botas de Méndez, que se presentou ante o meta
baiés, pero este sacou o pé e desviou o balón que se foi chorando
lambendo a base do poste (min.8). Na seguinte non erraría Méndez,
quen logo dun saque de falta e tras prolongación de Míchel consegue
colocar o pé para apartar o balón do alcance de Recarey e marcar o
único gol do encontro (min.20). A primeira boa ocasión baiesa veu
dunha boa xogada por banda esquerda na que Eloy chega a liña de
fondo e o seu centro non consegue rematalo Christian na beira da área
pequena e Santi Díaz chega a rematar no segundo pau, pero xa moi
forzado envía fóra (min.33). Tivo Méndez unha nova oportunidade
clara, logo de que Iván lle roubase o balón aos defensas baieses e
cedese para un Méndez só ante Recarey, pero o seu remate saíulle
mordido e foise fóra (min.38). A ocasión máis clara dos baieses
estivo nas botas de Bieito, quen tras un pase entre liñas de MC se
presentou ante o porteiro local, pero o seu remate a colocar saíulle
moi frouxo e non tivo problemas o gardameta en atallar o balón
(min.40). Coa vitoria pola mínima chegouse ao descanso.
Non
cambiou moito a decoración na reanudación, co Baio intentando
marcar o gol do empate a través da posesión e o Cerqueda disposto a
roubar e saír á contra. Un par de tiros desde fóra da área de
Santi Díaz foron o prolegómeno doutro lanzamento máis perigoso no
que o extremo zurdo se topou coa base do poste, sen que ninguén
aproveitase o rexeite (min.56). Os cambios e a calor fixeron baixar
aínda máis o ritmo do encontro, pero aínda así houbo algunha
ocasión, como un lanzamento desde a frontal de Martín que sacou en
espectacular intervención Richard a córner (min74), ou outro roubo
de Iván pero no súa internada na área disparou contra Costa
(min.76). Este mesmo xogador intentaríao nalgunha outra contra, pero
con lanzamentos moi desviados. A ocasión de empatar chegoulle a
Martín MC cun remate de cabeza no segundo pau, pero o seu remate en
posición franca foise fóra (min.88), e rematou o partido coa
vitoria local.
Derrota
do CD Baio que corta a xeira de 13 vitorias seguidas, pero que se
pode permitir o cadro baiés, pois xa ten os deberes feitos. A
vindeira semana queda pechar a temporada ligueira co enfrontamento
ante o Laxe, para centrarse a partir de entón na Copa da Costa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario