A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1555
|
592
|
354
|
609
|
2490
|
2621
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
797
|
309
|
155
|
333
|
1441
|
1534
|
Outro
dos clásicos da Liga da Costa chega este domingo ao campo da Pedra
Queimada, o SCD Malpica-CD Baio. O cadro malpicán é o cuarto club
que máis veces se enfrontou ao Baio, pois coincidiron un total de 23
temporadas, desde que a formación bergantiñá debutou na temporada
73-74. O primeiro enfrontamento da historia tivo lugar o 13 de xaneiro de 1974,
na xornada 3ª, cunha vitoria clara dos malpicáns na Pedra Queimada
(4-0).
A
SCD Malpica disputa coa actual a súa temporada 44ª consecutiva, nas
que estivo en todas as categorías: 1 na 3ª División, 2 na
Preferente, 10 na 1ª Rexional provincial ou semiprovincial, 2 na 3ª
Rexional e con esta son 29 na Liga da Costa. É o 10º club que máis
temporadas disputou, mentres que por número de partidos xogados
ocupa o 6º posto. Se facemos referencia só á Liga da Costa, ocupa
o posto 7º tanto en temporadas disputadas como en partidos xogados.
Os títulos acadados por este club son unha liga da Preferente, outra
da 1ª Rexional e 3 Ligas da Costa, ademais dunha Copa da Costa.
Estes son os seus datos estatísticos da súa participación
ligueira:
S.C.D.
MALPICA
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1314
|
566
|
264
|
483
|
2282
|
2044
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
799
|
361
|
167
|
271
|
1441
|
1197
|
As
coincidencias dos dous equipos nesas 23 temporadas anteriores foron,
na súa maior parte, na Liga da Costa, aínda que en cinco delas foi
na 1ª Rexional. Este foi o caso dos últimos tres anos, nos que os
dous clubs disputaron o grupo II da 1ª Autonómica. As estatísticas
xerais amosan na actualidade unha igualdade que foi conseguindo o
Baio nesta última década, pois os enfrontamentos dos primeiros anos
foron case sempre favorables ao cadro malpicán. Nos partidos
disputados na Pedra Queimada, o Malpica móstrase aínda superior,
pero nos últimos anos o Baio foi conseguindo puntuar alí. E é que
o Baio non conseguira puntuar en terras malpicás ata a súa novena
visita (1-2, na 1ª Rexional 83-84). Das últimas cinco visitas, tres
vitorias locais e dúas visitantes, a última delas a temporada
pasada (1-3).
Enfrontamentos
Totais
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
46
|
19
|
09
|
18
|
80
|
83
|
Xogados
en Malpica
|
|||||
23
|
05
|
03
|
15
|
29
|
49
|
O
partido do domingo
11 inicial do Malpica no partido do Pinguel [FB Ponteceso] |
O
Malpica e o Baio son equipos chamados a estar nos postos altos da
clasificación. Os dous descenderon da 1ª Autonómica, aínda que
con distintas sensacións. Mentres o equipo baiés conserva
practicamente o bloque da campaña anterior, os malpicáns sufriron
unha boa renovación, con moitas baixas e altas. Aínda así quedan
importantes xogadores da temporada pasada, como Eloy, Álex Márquez, Petís, Migueliño ou Cololo, aos que se suman as fichaxes do porteiro Rubén
(Paiosaco), e os xogadores de campo Alberto (Soneira), Mario Casal,
Pablo Rey e Eloy Cabeza (Baíñas), Ismael (Zas), Brais Lado
(Mazaricos), Brais Ortiz (Ameixenda), e Alberto e Cristian (Ponteceso
Xuvenil). O Malpica tan só disputou un partido como local, vencendo
ao San Lorenzo (2-0) na xornada inaugural, para empatar e perder nas
dúas seguintes xornadas, nas visitas a Ponteceso e Mazaricos,
respectivamente. O Baio conta con dous puntos máis, mercé ás súas
vitorias como local, ante Baíñas e Ponteceso, mais non acadou un
resultado positivo na súa única saída a Berdillo. Aínda que con
algunha que outra baixa, esperemos que demostre unha boa imaxe na súa
visita a terras bergantiñás, e confirme o bo partido realizado ante
o Ponteceso.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
S.C.D.
MALPICA - C.D. BAIO
Domingo
25 de setembro; 18:00 h.
Saída
de Baio ás 16:15 h.
Campo:
Pedra Queimada (Malpica).
Árbitro:
Bruno Méndez Castro (3ª División)
XUVENIL:
CORME C.F. - C.D. BAIO
Na
Liga da Costa Xuvenil tamén chegamos á 4ª xornada, na que o club
baiés visita na tarde do venres o campo do líder, un Corme CF que
conta os seus partidos por vitorias. Conta o cadro cormelán cun bo
equipo, aínda que escaso, pero que sabe sacarlle proveito ao bo
facer dalgún dos seus futbolistas, como é o caso de Eloy, un home
que xa é titular habitual do conxunto sénior. O Baio tratará de
traer un resultado positivo, que refrende o bo resultado acadado na
xornada anterior ante o Camariñas, para o que deberán xogar cos
cinco sentidos, pois o Corme non dará opcións aos despistes.
XUVENIL
(1ª Galicia – Grupo 2º)
CORME
C.F. - C.D. BAIO
Venres
23 de setembro; 18:30 horas
Saída
de Baio ás 17:00 horas
Campo:
O Cairo (Corme).
Árbitro:
Alejandro Vilariño Hidalgo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario