A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1556
|
593
|
354
|
609
|
2494
|
2622
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
798
|
310
|
155
|
333
|
1445
|
1535
|
Último partido ligueiro do Baio en Pino de Val |
Despois
de dous clásicos, este domingo chega para o CD Baio un rival ao
que se enfrontou en poucas ocasións, pois tan só coincidiron en
catro temporadas. O Mazaricos CF fundouse hai 26 anos, e esta é a
súa 14ª campaña na Liga da Costa; as outras foron 11 en 3ª
Rexional e 1 na 1ª Rexional provincial. O seu maior éxito veu na
93-94, na que gañou a Liga da Costa, precisamente en dura
competencia co Baio, e ascendeu á 1ª Rexional. Logo, na 2000-01
gañaría a liga da 3ª Rexional.
O
equipo mazaricán ocupa o posto 30º en temporadas disputadas e 29º
en partidos xogados dentro do total dos equipos costeiros, pero se
facemos só referencia á Liga da Costa é o 29º en temporadas
disputadas e 28º en encontros xogados. Estas son as súas
estatísticas nas diferentes ligas ata o momento actual:
MAZARICOS
C.F.
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
724
|
310
|
163
|
251
|
1317
|
1063
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
392
|
163
|
89
|
140
|
676
|
554
|
Como
dixemos, apenas coincidiron o Mazaricos CF e o CD Baio ao longo da
historia. Foron só catro temporadas, tres delas na Liga da Costa e a
outra na 1ª Rexional. O primeiro enfrontamento deuse na campaña
93-94, en Pino de Val, con empate no marcador (2-2). No encontro de
volta, o Mazaricos gañaría no Platas Reinoso e sentenciaría aquel
campionato ligueiro. Esta foi a única vitoria dos mazaricáns nos
oito enfrontamentos ligueiros, pois as estatítiscas mostran unha
clara superioridade baiesa, con seis vitorias nos partidos das outras
tres temporadas nas que coincidiron (94-95, 11-12 e 12-13). A última
vez que acudiu o Baio ao campo da Pedra d'Ouro impúxose por 0-2,
nunha campaña na que acabaría ascendendo de categoría. Mais tamén
temos que falar do enfrontamento destes dous clubs na Copa da Costa,
que se deu nas edicións de 2014 e 2015; na primeira o Baio conseguiu
gañar en Pino de Val (1-2) e na segunda produciuse un empate (1-1).
Enfrontamentos
Totais
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
08
|
06
|
01
|
01
|
17
|
08
|
Xogados
en Pino de Val
|
|||||
04
|
03
|
01
|
00
|
09
|
05
|
O
partido do domingo
Titulaba
La Voz de Galicia, no seu
especial sobre a Liga da Costa deste ano, que Baio e Mazaricos eran
os favoritos desta edición. É ben certo, que son varios os equipos
chamados a estar nos postos sobranceiros, ademais destes dous, pero o
Mazaricos ben demostrando estes últimos anos un bo traballo e
xuntando un bo plantel de xogadores, co que temporada a temporada van
mellorando os seus resultados. Así chegou o seu cuarto posto do ano
pasado na Liga da Costa, e a súa participación na Copa da Costa, na
que chegaron ata as semifinais, nas que lle deron moito que facer ao
Xallas.
11 inicial do Mazaricos ante o Ponteceso [Foto: FB Ponteceso] |
Mantén
practicamente o bloque da campaña pasada con cinco incorporacións
novas: procedentes do desaparecido Carnota chegaron Pedro, Oreiro e
Manuel Luis, e do Castriz Diego Maneiro e Dani Martínez. A eles hai
que unirlles os xa destacados Estéfano, Ricardo, Chenel, Molinos,
David García, Matías... Principiou
mal o equipo esta temporada, con derrotas na casa ante Ponteceso
(0-1) e na súa visita a Cee (1-0), pero endereitou o rumbo nestas
dúas últimas xornadas, con vitoria ante o Malpica (2-0) e empate co
Corme no difícil campo do Cairo (0-0). Como vemos, os seus partidos
son de poucos goles, todo o contrario do que ocorre nos partidos que
disputa o Baio. Así que veremos que se impón este domingo na Pedra
d'Ouro, o rigor defensivo local ou o poder goleador dos baieses. Como
comprobamos nas estatísticas, o Baio nunca perdeu co Mazaricos, así
que esperemos que se manteña este dato.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
MAZARICOS
C.F. - C.D. BAIO
Domingo
2 de outubro; 16:30 h.
Saída
de Baio ás 14:30 h.
Campo:
Pedra D'Ouro (Pino de Val).
Árbitro: Iago Varela Rodríguez.
XUVENIL:
S.D. LAXE - C.D. BAIO
Na
Liga da Costa Xuvenil tamén o equipo baiés volve repetir partido en
campo rival, neste caso no campo do Cabo d'Area ante o Laxe. Despois
do bo partido disputado en Corme, esperemos que ao outro lado da ría
continúe a boa xeira dos rapaces de Roberto. Enfronte estará un
equipo que leva nesta liga tres puntos, colleitados na primeira
xornada ante o Camariñas, para despois perder con Coristanco, Corme
e Sp. Zas. Os baieses non deben confiarse, pero non poden
desaproveitar a ocasión de gañar para achegarse aos postos altos da
clasificación, que comparten neste momento catro equipos. Será este
un partido especial para os rapaces da canteira baiesa, que son
orixinarios de Laxe, e Iago e Mohedano seguro que lles van transmitir
as súas ganas aos seus compañeiros para traer a vitoria para Baio.
XUVENIL
(1ª Galicia – Grupo 2º)
S.D.
LAXE - C.D. BAIO
Sábado
1 de outubro; 16:30 horas
Saída
de Baio ás 15:15 horas
Campo:
Cabo d'Area (Laxe).
Árbitro: Iván Miño Rojas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario