No campo das Pedreiras espérase ver un gran partido. [Foto: FB San Lorenzo] |
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1553
|
591
|
354
|
608
|
2484
|
2615
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
795
|
308
|
155
|
332
|
1435
|
1528
|
Pedro volve a Berdillo |
Segunda
xornada da Liga da Costa 16-17, na que o C.D. Baio viaxa ata terras
carballesas para enfrontarse á S.D. San Lorenzo de Verdillo, logo da
vitoria na xornada de debut ante o Baíñas.
O rival é
un dos clásicos da Costa, fundado en 1979, e desde esa data
participou nas 38 temporadas seguintes ata hoxe en día, 4 delas na
1ª Rexional, 5 na 3ª Rexional e esta vai ser a 29ª na 2ª Galicia,
como se denomina hoxe en día. Dentro dos equipos costeiros, ocupa o
posto 15º no total das temporadas disputadas e dos partidos xogados,
pero se nos centramos na Liga da Costa é 5º en partidos xogados e
8º en número de temporadas. No cadro podedes ver as súas estatísticas
ligueiras.
S.D.
SAN LORENZO
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1073
|
410
|
249
|
414
|
1786
|
1772
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
835
|
331
|
187
|
317
|
1412
|
1350
|
Esta será a
14ª temporada na que o C.D. Baio e a S.D. San Lorenzo compitan no
mesmo grupo, con lixeira vantaxe estatística para o cadro baiés no
global, mais nos xogados no campo berdillés os datos favorecen ao
San Lorenzo. Pódese dicir que hai tres etapas nestes enfrontamentos:
unha primeira no comezo dos anos oitenta (desde a fundación do cadro
carballés); outra en dúas temporadas de principios dos noventa; e
unha última xa no século XXI, desde que nas tempadas 04-05 e 05-06
coincidiron os dous na 1ª Rexional provincial. O primeiro
enfrontamento en terras berdillesas data da temporada 79-80, con
vitoria local (2-1), mentres que a última foi na 12-13, con empate
(2-2). A última vitoria baiesa nas Pedreiras data da campaña 91-92
(1-3).
Enfrontamentos
Totais
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
26
|
10
|
08
|
08
|
42
|
33
|
Xogados
en Berdillo
|
|||||
13
|
03
|
04
|
06
|
14
|
18
|
Isaac, outro que volve |
Preséntase
o partido do domingo como o da volta do adestrador Pedro Gómez á
que foi a súa casa nas dúas últimas temporadas, así como a do
lateral Isaac. Pero o morbo aumenta pois no banco local sentará
Óscar Suárez, que dirixiu o cadro baiés no comezo da temporada
pasada. Con respecto á temporada pasada, na que foi un dos grandes
animadores do campionato, rematando na 3ª posición, conta coas
altas de Jorge Pichel (Laxe) e de Diego e Samuel (Bergantiños
Xuvenil); pola contra, foron baixa, ademais de Isaac, homes como
Mario ou Álex Figueiras. Na anterior xornada perdeu na súa visita
ao Malpica (2-0).
SEGUNDA GALICIA – GRUPO
2º
S.D. SAN LORENZO – C.D.
BAIO
Domingo 11 de setembro;
17:00 horas
Saída de Baio ás 15:15
horas.
Campo: As Pedreiras
(Berdillo-Carballo)
Árbitro: Pedro Patiño
García
XUVENIL
Visita ás
Redondas para un enfrontamento clásico no fútbol base costeiro dos
últimos anos, entre dous equipos que adoitan conseguir bos
resultados nestas categorías. O ano pasado foron segundo e terceiro
no grupo Norte da Liga da Costa, e esta campaña intentarán repetir,
ou se cabe, mellorar eses resultados. Na xornada inaugural o Cabana
perdeu pola mínima na súa visita a Corme (3-2), mentres que os
baieses empataron in extremis fronte ao Sofán (2-2). Para este
partido, Roberto Lozano agarda recuperar algún dos xogadores que non
puideron estar no encontro inaugural da liga, e así ir mellorando
nas prestacións do equipo.
S.D.
CABANA – C.D. BAIO
Sábado 10
de setembro; 17:00 horas
Saída de
Baio ás 15:45 horas.
Campo: As
Redondas (Neaño)
Árbitro:
Juan Núñez Fiúza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario