A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1554
|
591
|
354
|
609
|
2486
|
2619
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
796
|
308
|
155
|
333
|
1437
|
1532
|
Aliñación do Ponteceso o pasado domingo [FB Ponteceso SD] |
Un
dos clásicos da Liga da Costa, todo un CD Baio-Ponteceso SD, vai ter
un novo capítulo este domingo no Platas Reinoso. Desde que o 19 de
abril de 1964 se enfrontaron no Balsiño, na segunda xornada da Iª
Liga da Costa, con vitoria local (3-0), foron 56 os encontros
ligueiros nos que coincidiron. 28 temporadas xogando no mesmo grupo e
categoría, case todas na Liga da Costa, mais en tres delas
participaban na 1ª Rexional.
O
Ponteceso foi, xa que logo, un dos oito fundadores da Liga da Costa,
e disputa este ano a súa temporada 50ª como club costeiro (xogou
outras dúas na Liga de Arteixo). É o 3º club que máis temporadas
disputou, por detrás de Baio e Cee, e empatado co Fisterra, mentres
que por número de partidos xogados ocupa o 4º posto. Das 50
campañas disputadas, 9 corresponden á 1ª Rexional provincial ou
semiprovincial, 37 na Liga da Costa e as outras 4 na 3ª Rexional. Os
éxitos veñen dados por 5 Ligas da Costa e outra máis da 3ª
Rexional, ademais de 4 Copas da Costa. Estes son os seus datos
estatísticos da súa participación ligueira:
PONTECESO
S.D.
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1348
|
579
|
296
|
473
|
2476
|
2215
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
928
|
429
|
195
|
304
|
1833
|
1506
|
Como
dixemos coincidiron en 28 temporadas, con clara superioridade
estatística nos 56 partidos disputados para o equipo pontecesán,
mais se nos atemos aos xogados en campo baiés xa se igualan un
pouco, aínda que seguen sendo favorables aos da vila de Pondal. A
última vez que coincidiron foi na temporada 2013-14, na 1ª
Autonómica, con empate no Platas Reinoso (0-0) e vitoria baiesa no
Pinguel (0-1). Esta campaña o Ponteceso rematara descendendo de
categoría. Para buscar un precedente na Liga da Costa, temos que
remontarnos á tempada 2010-11, no que o Baio lle gañou ao Ponteceso
(5-4), no último partido dunha Liga que gañara o club pontecesán.
Enfrontamentos
Totais
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
56
|
18
|
08
|
30
|
91
|
119
|
Xogados
en Baio
|
|||||
28
|
11
|
04
|
13
|
48
|
52
|
O
partido do domingo
O Baio tentará volver gañar despois da derrota en Berdillo |
Preséntase
esta 3ª xornada con dous rivais chamados a estar nos postos altos da
clasificación final. O cadro baiés chega despois da vitoria na
xornada inicial e a derrota contra o San Lorenzo, mentres que o
Ponteceso conseguiu gañar en Mazaricos (0-1) e empatou co Malpica
(0-0) a semana pasada. O equipo dirixido por Barca conserva
practicamente o plantel da temporada anterior, coas incorporacións
do ex-baiés Matías (Baíñas), de Gurita (Buño) e dos ex-malpicáns
Mara e Charro, así como a confirmación de Iago, procedente dos
xuvenís, como un dos destacados do equipo pontecesán.
O
cadro baiés, mermado polas baixas nas dúas primeiras xornadas, vai
recuperando algúns dos seus efectivos, mais van caendo outros, polo
que esperemos que os que salten o domingo ao campo despreguen un bo
xogo e lle dean unha nova alegría á súa afección.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
C.D.
BAIO – PONTECESO S.D.
Domingo
18 de setembro; 16:30 h.
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
Bernardo Domínguez Manteiga (3ª División).
XUVENIL:
C.D. BAIO – CAMARIÑAS C.F.
Na
Liga da Costa Xuvenil tamén chegamos á 3ª xornada, na que o club
baiés recibe ao Camariñas no Platas Reinoso. Despois do empate na
xornada inicial ante o Sofán e a derrota na visita ao Cabana,
esperan os rapaces de Roberto Lozano acadar a primeira vitoria. Para
iso deberán superar ao Camariñas que aínda non puntuou nesta liga,
mais que poñerá as cousas difíciles aos locais, como demostrou o
ano anterior ao eliminalos da Copa.
XUVENIL
(1ª Galicia – Grupo 2º)
C.D.
BAIO – CAMARIÑAS C.F.
Sábado
17 de setembro; 17:00 horas
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
Borja Sánchez García.
No hay comentarios:
Publicar un comentario