C.D. BAIO - C.D. BAÍÑAS
Domingo 4 de setembro, 19:00 horas
Árbitro: Héctor Pérez Álvarez
Campo: Platas Reinoso (Baio)
Estatística
Este domingo o CD Baio iniciará a súa 54ª temporada competindo de
maneira consecutiva nunha nova edición da Liga da Costa. Será o
partido número 1553 dos disputados en todas as competicións
ligueiras, que nin que dicir ten que é a cifra máis alta de todos
os clubs costeiros. Dos 1552 encontros anteriores gañou 590, empatou
354 e perdeu 608, con 2481 goles a favor e 2613 en contra.
E centrándonos na propia categoría, será a temporada 33ª do CD
Baio na Liga da Costa, na que disputou 794 partidos, con 307
vitorias, 155 empates e 332 derrotas; os goles a favor son 1432 e en
contra 1526.
O Baio-Baíñas da pasada Copa da Costa |
O rival:
O rival desta primeira xornada vai ser o C.D.
Baíñas, club de recente formación, pois esta será a súa 5ª temporada. Disputou 122 partidos ligueiros, con 63 vitorias, 22 empates e 37
derrotas; 268 goles a favor e 172 en contra. Deles, na Liga da Costa
foron 68 encontros disputados, con 36 triunfos, 11 igualadas e 21
derrotas, 149 goles a favor e 94 en contra.
Taski, míster baiñán |
Entre o CD Baio e o CD Baíñas non hai precedentes ligueiros, mais
si os hai na Copa da Costa, pois ambos os dous se enfrontaron a
última edición, con resultado global favorable para os baieses,
despois da vitoria en Vimianzo (1-3) e empate no Platas Reinoso
(1-1).
Con todo, o cadro baiñán modificou substancialmente a
configuración do seu plantel, no que se produciron moitas baixas. Da
man do ex-xogador Tasky no banco, intentarán formar un novo equipo
competitivo que aspire a estar nos postos altos, destacando entre os
novos xogadores, o dianteiro David Blanco, autor de 38 goles na
temporada pasada co Sp. Zas, o que lle valeu o segundo posto entre os
goleadores costeiros.
Entre as baixas baiñáns un novo xogador do C.D.
Baio, o dianteiro Javi Suárez, para quen será un partido especial
despois de tres temporadas alí. O killer de Quintáns e as outras
cinco incorporacións únense a un completo grupo de xogadores que
continúan da temporada anterior, e que pretenden dar moita guerra
nesta Liga da Costa, da man do novo míster Pedro Gómez. Este
domingo primeira pedra de toque.
Esperemos ver no Platas Reinoso un bo espectáculo nestas datas
festeiras en Baio e en Baíñas.
XUVENIL
C.D. BAIO - S.D. SOFÁN
Sábado 3 de setembro; 19:00 horas.
Árbitro: Pablo Rama Cotelo
Campo: Platas Reinoso (Baio)
Os xuvenís gañaron a pasada semana o Trofeo do Concello |
Esta fin de semana tamén se inicia a Liga da Costa Xuvenil, co partido que vai enfrontar ao CD Baio e á SD Sofán, club este que despois de moitos anos volve contar con equipo nesta categoría.
Os rapaces de Roberto Lozano esperan comezar con bo pé a temporada, a pesar das festas e das baixas que padece o equipo polas lesións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario