C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

13 ene 2017

PREVIA DO CD BAÍÑAS-CD BAIO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1797
694
418
685
2947
2986
TOTAL LIGAS
1573
602
362
609
2510
2619
LIGA DA COSTA
811
320
157
334
1478
1546


Os dous equipos na primeira volta [Foto: Santi Soneira]
O CD Baíñas é o club máis novo dos que compiten esta temporada na Liga da Costa, pois esta é a súa 5ª temporada como club federado. Este número de campañas colócano no posto 56º entre os clubs costeiros (empatado con Camariñas B, At. Pereiriña, Ameixenda e Castrelo), mentres que se nos atemos a partidos xogados, figura no posto 57º. Desas cinco temporadas as dúas primeiras foron na 3ª Autonómica, e as tres últimas na Liga da Costa. Isto significa que ocupa nesta competición o posto 50º en canto a número de temporadas (empatado con San Isidro, San Román, Dumbría B e O Pindo), mentres que por partidos xogados a súa posición é a 52ª. No tempo que leva competindo conseguiu un único título, a liga da 3ª Autonómica na temporada 2013-14. Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

C.D. BAÍÑAS
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
139
66
24
49
295
210
LIGA DA COSTA
85
39
13
33
176
132

Esta temporada foi a única na que CD Baíñas e CD Baio coincidiron en competición ligueira, polo que o único precedente é o partido da primeira volta disputado no Platas Reinoso. Este resolveuse pola mínima a favor do Baio (3-2). Aínda que a temporada pasada tamén se enfrontaron na Copa da Costa, con resultado favorable global ao Baio, con vitoria na ida en Vimianzo (1-3) e empate na volta en Baio (1-1).
No partido da primeira volta xogaran polo CD Baio: Recarey, Isaac, Porto, Yago, Luis, Norberto, Martín (Christian 73), Moreno, Rubio, Javi Suárez (Eloy 88), Martín MC (Pedro 85). Polo CD Baíñas: Maikel, Coto, Braulio, Eloy (Trillo 87), Cristian, Esteban, Jaime, Canay, Oreiro (Abraham 68), Felipe (Héctor 76), Víctor (Riveiro 24). Os goles foron conseguidos do seguinte xeito: 1-0 Yago (44), 1-1 Canay (62), 2-1 Javi Suárez (68), 3-1 Luis (70), 3-2 Braulio (83).

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
01
01
00
00
03
02
Xogados en Vimianzo
00
00
00
00
00
00

O partido do domingo
Xa que logo, o domingo o Baio visitará por vez primeira ao Baíñas en campionato ligueiro. Un cadro baiñés que afronta a súa terceira temporada na Liga da Costa con moitas dúbidas, en contraste coas dúas anteriores nas que se movera pola zona alta. Conformara no verán un plantel quizais menos potente que outros anos, pero ficháranse xogadores contrastados como Braulio e David Blanco (Sp. Zas), Rodri (Mazaricos), Felipe (Laxe) ou o ex-ceense Víctor; xunto con xogadores máis novos como Maikel (Ameixenda) ou Eloy (Cabana). Para dirixir o equipo confiábase no ex-xogador Tasky, que xa se fixera cargo do equipo no último partido da Copa da campaña anterior.
11 do Baíñas no Pinguel [Foto: FB Ponteceso]
Tasky utilizou ata o momento 21 xogadores, dos cales tres aínda están en idade xuvenil (Maikel, Damián e Oreiro). O úncio xogador que disputou todos os partidos foi Cristian Hermida, mentres que Braulio, Felipe e o porteiro Maikel tamén contaron na maioría deles. O resto de postos está bastante repartido, aínda que destacan Canay, Esteban e Eloy. Xogaron moitos minutos tamén Iván, José Antonio, Jaime, David Blanco, Héctor, Pablo Riveiro ou Coto, ao igual que os xuvenís Oreiro e Damián. O veterano Víctor parece que recupera protagonismo, e tras recuperarse da súa lesión, o dianteiro Pablo Muíño parece un fixo no ataque baiñés.
Na actualidade o Baíñas ocupa o penúltimo posto, con 11 puntos, empatado co cadeiro Laxe. Os puntos foron conseguidos grazas a tres vitorias (Esteirana, Monte Louro e Cerqueda) e dous empates (Cee e Laxe); e menos o empate no Cabo da Area os demais puntos foron conseguidos como local. Leva un total de 27 goles a favor e 38 en contra, sendo os seus máximos goleadores David Blanco e Pablo Muíño -só xogou 7 partidos-, con 5, seguidos de Braulio e Jaime con 4. A pesar da súa clasificación non encaixa moitos goles, e as súas derrotas non superaron os dous goles de diferenza (coa excepción da sufrida na Rocheira: 3-0), o que demostra que compite sempre ata o final. Vén dunha serie de catro derrotas nas últimas xornadas, aínda que contra rivais da parte alta, como Mazaricos, San Lorenzo, Ponteceso e Malpica, pero sempre creándolles problemas aos seus rivais, que tiveron que suar a vitoria. E é que o conxunto baiñés conta con xogadores de gran calidade que poden reverter a situación na que se atopan, polo que non debe confiarse o Baio no posto que ocupa na clasificación.


SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
C.D. BAÍÑAS – C.D. BAIO
Domingo 15 de xaneiro; 17:00 h.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: Municipal (Vimianzo).
Árbitro: César Dacal López.


XUVENIL: C.D. BAIO – SP. ZAS

Remata a Liga da Costa Xuvenil na súa 1ª fase e faino cun derby, que lle dá algo de emoción á última xornada ligueira. O conxunto baiés quererase despedir cun bo sabor de boca despois da derrota contra os tres primeiros no Tourmalet que tivo que pasar, aínda que sempre dando moito que facer aos seus rivais. Non vai modificar a súa posición na táboa, pois o 6º posto é inamovible, pero na mente dos rapaces de Fredi tamén estará a goleada sufrida na primeira volta en San Andrés.
O conxunto zasense ocupa actualmente o 8º posto, con 14 puntos, e pode subir un posto cun resultado positivo pero tamén pode caer un se o Camariñas saca o seu partido adiante e eles non. Leva un número similar de goles a favor que os baieses, pero en contra suma un total de 72, que o converten no equipo máis goleado do grupo. Andrés, con 11, e Álvaro, con 8, son os seus máximos goleadores.

XUVENIL (1ª Autonómica – Grupo 3º)
C.D. BAIO – SP. ZAS
Sábado 14 de xaneiro; 16:00 horas
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Adrián Pérez Rellán.


No hay comentarios:

Publicar un comentario