C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

6 ene 2017

PREVIA DO SD LAXE-CD BAIO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1796
693
418
685
2942
2985
TOTAL LIGAS
1572
601
362
609
2505
2618
LIGA DA COSTA
810
319
157
334
1473
1545

Campo do Cabo da Area [Foto: Concello de Laxe]
A SD Laxe foi un dos oito clubs fundadores da Liga da Costa, alá pola primavera de 1964, aínda que a súa participación axiña se vería truncada, pois xa non participou na segunda temporada desta competición. Dez temporadas estivo ausente ata que regresou na 74-75, e de novo volvería desaparecer logo da 03-04, para retornar na 10-11. Así logo, son 38 as temporadas nas que competiu o conxunto laxense, o que o colocan no posto 15º (empatado con Lira e San Lorenzo), mais se nos atemos ao número de partidos xogados o seu posto é o 21º.
Desas temporadas, 2 delas foron na 1ª Rexional semiprovincial (82-83 e 83-84), 16 na 3ª Rexional/Autonómica e as outras 20 foron na Liga da Costa. Neste sentido figura no posto 23º entre os que disputaron a liga costeira (empatado con Coristanco e Monte Louro), pero se atendemos aos partidos disputados baixa ao posto 26º. Nas súas vitrinas figuran unha Liga da Costa (1981-82) e unha Liga da 3ª Autonómica (2015-16), ademais de 3 Copas da Costa: 80-81, 83-84 e 90-91, perdendo noutras tres ocasións a final (87-88, 88-89 e 93-94). Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual, que, como vemos, está próximo a disputar o seu partido número 1000 nas distintas competicións ligueiras:

S.D. LAXE
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
990
374
179
437
1796
2003
LIGA DA COSTA
518
194
87
237
914
1085

Nesas 38 temporadas que leva disputadas o Laxe, coincidiu co Baio en 14 delas, todas na Liga da Costa, menos unha na 1ª Rexional (83-84). O seu primeiro enfrontamento foi ademais o primeiro partido oficial dos dous clubs, pois tivo lugar na xornada inaugural da Liga da Costa, no campo laxense da Mina. O 12 de abril de 1964 tivo lugar tal partido, e nel o equipo local impúxose por 3-1, mais o xogador baiés Pepe de Agosto tivo a honra de marcar o primeiro gol, non só do encontro senón da Liga ao bater o meta laxense no primeiro minuto do partido. No partido da segunda volta gañaría o Baio pola mínima (3-2). Despois pasarían dez temporadas para volverse ver pola desaparición do club laxense. A partir da 74-75 foron oito as campañas consecutivas nas que cadraron, e mentres nos partidos disputados no Balsiño o Laxe sempre gañou (excepto unha derrota na 74-75 e un empate na 81-82), no campo laxense a cousa estaba máis igualada, con catro vitorias para cada un.
Tras un parón dunha temporada polo ascenso do Laxe á 1ª Rexional, o ascenso do Baio a esta na 83-84 volveunos encontrar nesta categoría; na que se produciu vitoria baiesa no Balsiño e empate no Escarabajo (por certo, esta temporada habíanse encontrar de novo na final da Copa da Costa, e tras o empate en Baio a tres, o Laxe gañaría a Copa milagrosamente na prórroga no seu campo, cando a trece minutos para o final do partido perdía 0-2). O ascenso do Baio á Preferente faría que ata a 90-91 non volvesen coincidir, e con esta foron catro temporadas na que disputaron a Liga da Costa. Nestes anos a superioridade do Baio amosouse nas cinco vitorias e dous empates nos oito partidos disputados, cun único triunfo laxense na 92-93 (2-0). A última vez que o Baio visitou o campo do Laxe foi o 3 de outubro de 1993, na 2ª xornada de liga, e o resultado foi de empate (2-2) -xunto co empate en Mazaricos foron os dous partidos que non gañaran os baieses na primeira volta-. A última vez que se enfrontaron Baio e Laxe en campionato ligueiro foi o 15 de febreiro de 1994 (aínda que en realidade tiña que ser o 9 de xaneiro, pero suspendérase polo mal tempo), e foi no Platas Reinoso con clara vitoria local (3-0). Os baieses acabarían ascendendo de categoría, mentres que o Laxe levou o farol vermello e descendeu á 3ª Rexional. Con todo este ano enfrontaríanse nas semifinais da Copa da Costa, e a pesar da diferenza amosada na Liga os laxenses chegaron á final.
Como vemos, as estatísticas amosan unha igualdade case absoluta, tanto nos partidos disputados en Laxe como no seu total, e mesmo nos goles están máis ou menos parellos. Si é certo que nas últimas temporadas que se enfrontaron, na década dos noventa, o conxunto baiés foi superior, como o fora o laxense no final dos anos setenta.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
28
12
04
12
55
53
Xogados en Laxe
14
06
02
06
31
31

O partido do domingo
11 do Laxe ante o Ponteceso [Foto: FB Ponteceso]
Despois de 23 temporadas volve o CD Baio a xogar na Liga da Costa fronte á SD Laxe, tras o descenso do cadro baiés da 1ª Autonómica e o ascenso do laxense da 3ª Autonómica, despois de conseguir na pasada campaña o brillante título desta categoría. Pero neste cambiaron moitas cousas con respecto ao do ano anterior, pois o míster do ascenso, Adrián Lema, xa non está no banco, pois dimitiu tras a 12ª xornada. Agora ocupa o seu posto o ex-xogador e ex-adestrador baiés Eliseo Rama 'Lilo'. Non cambiaron moito os xogadores, pois a gran maioría do plantel repite do ano anterior, tan só podemos destacar dúas fichaxes de renome a comezos de temporada, como son Pablo (Zas) e Saleta (Baio). Ultimamente incorporáronse dous novos xogadores, como Martín e Sandro.
Nada menos que 27 xogadores xogaron minutos co conxunto laxense, moitos deles do seu equipo xuvenil. O xogador máis utilizado é, con diferenza, Saleta, titular indiscutible nos 15 partidos que disputou. Un pouco por detrás veñen Aarón e Gora, mentres que contan con moitos minutos Felipe, Naya, Borja, Simón, Pablo e Zurich. Na portería véñense relevando Lamas e Jacobo, e os outros postos son cubertos con homes como Iván, Santi, Jacinto ou Álex Trigo, aínda que tamén teriamos que incluír aquí ás recentes incorporacións ou aos xogadores xuvenís.
Na actualidade ocupa o último posto da clasificación, con 11 puntos, que proceden de dúas vitorias (en Cee e Corcubión) e cinco empates. Non puntuou ata a 4ª xornada (co Castriz) e non gañou ata a 8ª (en Cee), non conseguindo gañar nas últimas sete xornadas. Suma tan só 18 goles a favor, o 3º menos realizador (tras Cee e Cerqueda) e encaixou 43 goles, o que o converten no segundo máis goleado (só o Monte Louro leva máis en contra). Os goleadores son Saleta e Zurich, con 4 goles, e Felipe con 3, e despois sete xogadores máis cun único gol.
A pesar dos malos números que presenta o Laxe como local, pois só suma na casa tres empates (0-0 con Castriz e Porteño, e 1-1 co Baíñas) e foi goleado por varios equipos (1-4 con Camariñas e Coristanco, e 2-6 co Corme), non debe confiarse o equipo baiés, pois estamos ante un derby con varios xogadores locais con pasado no equipo baiés. E xa se sabe que nos derbys todo pode pasar. O máis importante para o Baio, ademais da vitoria, é ir recuperando pouco a pouco os moitos lesionados que hai neste momento e que boa falta van facer para a segunda volta.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
S.D. LAXE – C.D. BAIO
Domingo 8 de xaneiro; 16:00 h.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: Cabo da Area (Laxe).
Árbitro: Diego Cedeira Méndez.


XUVENIL: S.D. CORISTANCO – C.D. BAIO

Penúltima xornada a primeira fase da Liga da Costa Norte na súa categoría xuvenil, na que o CD Baio non se xoga máis que a honra e transmitir boas sensacións de cara á Copa e a esta nova etapa con Fredi no banco. O 6º posto xa vai ser inamobible de aquí ao final da temporada, pois non pode chegar ata o 5º (o Cabana, con 6 puntos máis e a golaveraxe) nin o 7º o pode alcanzar (o Zas, con 7 puntos menos). E nesta súa última saída toca visitar a Rocheira, onde agarda un Coristanco que si se xoga moito, pois non garantiu a súa participación na segunda fase ligueira, tras os tropezos das últimas tres xornadas, nas que empatou en Cabana e perdeu na casa co Camariñas e nas vésperas de Noiteboa en Corme. É precisamente o equipo cormelán quen rivaliza cos coristanqueses nesa terceira praza, e ten dous rivais asequibles nas dúas últimas xornadas, mentres que o da terra da pataca despois da visita baiesa rematan a liga en Berdillo.
O Coristanco suma 31 puntos e perdeu nestas tres xornadas pasadas a posibilidade de loitar polo título e agora sofre para clasificarse entre os tres primeiros. E iso que o máximo goleador do grupo, con 58 goles en 16 partidos, aínda que tamén recibe máis dos habituais nun conxunto cabeceiro, pois leva 27 en contra. O seu máximo goleador é Diego, con 20 goles, seguido de Iván con 10. No partido da primeira volta deuse un empate (2-2), logo de que Luis e Sergio igualasen os goles de Diego e Iván cos que se adiantara o Coristanco. Un equipo coristanqués que dera mostras de facérselle longo o partido polas dimensións do campo, algo que non sucederá na Rocheira, por ter unhas dimensións bastante inferiores. Con todo, os rapaces baieses vanlle poñer as cousas moi difíciles aos locais, querendo mostrar nestas xornadas finais de liga as boas cousas que son quen de facer.

XUVENIL (1ª Autonómica – Grupo 3º)
S.D. CORISTANCO – C.D. BAIO
Sábado 7 de xaneiro; 16:30 horas
Saída de Baio ás 15:00 horas.
Campo: A Rocheira (Coristanco).
Árbitro: Pedro Patiño García.


No hay comentarios:

Publicar un comentario